viernes, 10 de junio de 2016

Concentración motera en Vigo a favor de los refugiados

Mañá sábado sairá de Castrelos unha concentración moteira que irá ata Baiona e regresa á cidade para gozar dun concerto no Parque dende as 20:30. 

Esta é a primeira dunha serie de accións solidarias coas que os mozos vigueses queren concienciar á cidadanía sobre a situación que viven os refuxiados e recadar fondos para a ONG PROEM-AID que traballa na illa de Lesbos, en Grecia. 

Abel Caballero presentou este venres "En Moto polo refuxiado", unha iniciativa solidaria de varios mozos vigueses a prol dos refuxiados que foxen da guerra, coa que queren sensibilizar á cidadanía e recadar fondos para a ONG PROEM-AID, un equipo de españois que trata de evitar as mortes no mar na illa grega de Lesbos. Mañá sábado 11 de xuño organizan unha concentración moteira 

O alcalde, amaia de felicitar á organización polo seu labor, destacou a importancia da causa a prol dos refuxiados "aos que Europa está maltratando dunha forma intolerable" e animou a toda a cidade a sumarse mañá á concentración moteira e ao concerto no Parque de Castrelos.