jueves, 2 de junio de 2016

Enofestival Ourense 2016

EnoFestival Ourense 2016 música e viño 

O 1 de xullo, chega o II Enofestival Ourense.


Seguimos completando cartel de actividades con ocasión das festas de Ourense. Hoxe presentase un Festival Pop-Rock onde gozar dos excelentes viños das 4 D.O. da provincia de Ourense, da boa música en directo e do máxico entorno do Bulevar Termal de As Burgas, en Ourense.

Coa entrada: unha Copa de cristal para poder catar os viños, que se entregará no control de acceso ó evento, e un viño de cortesía.

Tamén haberá auga, refrescos, etc. para as persoas que non tomen bebidas alcohólicas.

Zona Gastronómica para cear

6 enobarras de 6 adegas das D.O. de Ourense

A música virá da man dos grupos Best Boy (Tui), Best Life Underyourseat (Ourense) e The Phantom Keys (Ourense-O Grove), desde as 20:30 horas e por esta orde, se ben as portas do recinto abriranse media hora antes para presentar a oferta gastronómica do evento. Unha enobarra servirá viños das adegas Cunqueiro, Alberte e Casal de Armán (DO Ribeiro), Gargalo (DO Monterrei), A Coroa (DO Valdeorras), e Alodio (DO Ribeira Sacra), mentres que na zona gastronómica poderanse degustar tapas elaboradas con produtos locais para repor enerxías entre concerto e concerto.

O acceso ó recinto está prohibido para menores de 18 anos, agás se van acompañados dun dos seus pais (pai, nai ou ambos os dous) ou do seu titor legal (necesario certificado).

Link compra Entradas Enofestival