sábado, 18 de junio de 2016

Exposición etnográfica mariñeira Mar de Boiro

“MAR DE BOIRO” , EXPOSICIÓN MARIÑEIRA ETNOGRÁFICA

Mar de Boiro, é unha exposición etnográfica mariñeira que abrimos ao público, transmítenos a influencia que a pesca e o marisqueo teñen no noso pobo.
Hoxe en día a pesca mantén unha actividade de importancia, con nove agrupacións de pescadores e mariscadores activas e dúas conserveiras que proporcionan un importante número de postos de traballo.
Marisqueo de bivalvos, marisqueo de crustáceos e cefalópodos, pesca de baixura, mexillón e a gamela son os espazos expositivos da mostra na que atoparás antigas artes de pesca usadas tradicionalmente polos pescadores.


HORARIO:
Do 15/05/16 ao 15/09/16
De martes a domingo
De 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:30
Do 16/09/16 ao 30/10/16
De 17:00 a 20:00