lunes, 13 de junio de 2016

Foro de Turismo e Marketing Fortumark Ferrol

Ferrol converterase do 20 ao 22 de xuño no epicentro da mercadotecnia aplicada ao turismo, coa celebración do II Foro de Turismo e Márketing, Forturmark, froito do convenio de colaboración denominado “Plan de Competitividade Turística 2015, asinado entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol.

O evento formativo se dirixe a empresarios do sector turístico e do comercio de Ferrol e comarcas, así como a asociacións empresariais da zona que poderán participar de xeito gratuíto. Non obstante, destaca o feito de que no caso de quedar prazas dispoñibles poderá inscribirse no Foro calquera persoa con interese no tema.

OBXECTIVO: Forturmark ten como fin amosar as innovacións e boas prácticas de Márketing e Comunicación que xa desenvolven as empresas de gran envergadura e darlle traslado aos empresarios locais para que utilicen todas estas ferramentas, adaptándoas ás características do seu negocio ao menor custo posible ou a custo 0, grazas á tecnoloxía.

LUGAR:  no Parador de Ferrol.


HORARIOS:

Do 20 ao 22, en horario de tarde, de 17:00 a 20:00 h.. Relatorios e cursos con actividades de interacción cos participantes.

Días 21 e 22, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00: consultorías/formacións individualizadas a empresas para analizar a súa presenza en Google e mellorala a través da súa “xeolocalización” e nas redes sociais, así como propostas para elaborar un plan de mellora.

INSCRICIÓNS

As persoas interesadas han de solicitalo vía email a turismo@ferrol.es, do 10 ao 17 de xuño, indicando nome completo,empresa, teléfono de contacto e quenda solicitado entre as 10 e as 14:00 h.


PARTICIPANTES:

Isaac Vidal: o encargado de inaugurar o Foro, co seu taller-conferencia sobre “INBOUND MÁRKETING”. Explicará que é o Inbound Márketing, como atraer, converter, pechar e lograr a fidelidade do cliente “online”. Isaac introducirá aos participantes na metodoloxía Inbound de maneira moi sinxela e clara, con numerosos exemplos e casos prácticos.

Unha das frases que máis repite Isaac Vidal e que transmite a esencia do Inbound Márketing é “Ás bolboretas, fálalles de flores”. Pasamos dun márketing no que interrompiamos ao consumidor con mensaxes continuos ata que eles dixeron “basta” a través de técnicas como o zapping ou programas de bloqueo de anuncios, a un márketing onde se xera un interese por unha marca e se atrae á audiencia cara a contidos que de verdade lle interesan sen angustiarlles.

Ademais, ten maior facilidade para conseguir viralidade ao contar coa difusión por redes sociais e utilizar as técnicas de márketing online.

Á fin e ao cabo, trátase de facer unha venda indirecta e menos directa co que deste xeito conseguimos tamén facer branding e obter a fidelización dos nosos clientes, a quen os nosos contidos e as nosas historias parécenlles interesantes.

Gersón Beltrán impartirá o curso “O TEU NEGOCIO SOCIAL, LOCAL E MÓBIL”. Explicarase a importancia da xeración de contidos online para a promoción de negocios e destinos.

Ensinarase a xerar contido local e como comunicalo, medindo o seu impacto. Para iso realizarase unha simulación real do proceso de viaxe do turista pero traballando dende o lado da oferta, é dicir, xerando e promovendo un contido concreto que pode ser unha publicación, un evento, unha promoción específica ou similar.

O ferrolán Luís Fraga, será o encargado de poñer punto final a Forturmark 2016, co seu relatorio “MEDIA TRAINING”, unha sesión teórica e práctica para adentrarse no mundo dos medios de comunicación.

Os medios tradicionais (prensa, radio e televisión) seguen sendo unha opción interesante para os empresarios do sector turístico. “¿Como debemos relacionarnos con eles ou que podemos facer para seducir ao xornalista para que difunda información sobre o noso negocio?”, son preguntas habituais ás que se poderá atopar resposta, vinculadas a temas como “a creación de contidos e eventos para garantir a aparición nos medios, a actitude nunha entrevista para a televisión ou radio ou a reacción ante unha situación de crise que poña en risco a nosa reputación”.