domingo, 26 de junio de 2016

Novos Cinemas Festival internacional de cinema Pontevedra 2016

Novos Cinemas é un certame cinematográfico internacional cunha Sección Oficial competitiva na que poderán participar todas aquelas longametraxes que supoñan a primera ou segunda obra do realizador ou realizadora a concurso.

Porén, o festival será o culme dunha programación anual específica; xa que o noso proxecto tenta abarcar a totalidade do espectro: exhibición, difusión, formación e divulgación, pero tamén interación social, promoción cultural e socioeconómica da cidade de Pontevedra.

A Edición 1 de Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra celebrarase do 28 de xuño ao 3 de xullo de 2016.

A programación de Novos Cinemas abrangue aspectos como a exhibición cinematográfica -presentando obras de cineastas emerxentes procedentes de diversos países como China, Brasil, Estados Unidos, Francia ou Portugal–, a formación e o encontro entre profesionais, cunha marcada vertente lúdica. Entre as principais actividades de Novos Cinemas destacan:

• Sección Oficial
• Retrospectiva adicada a José Luis Guerin
• +Novos: cinema de autor feito por rapaces de primaria e secundaria, a recuperación dun clásico incuestionable do cinema infantil e unha das comedias de adolescentes máis sorprendentes da tempada.
• Baixo as estrelas: Esa sensación e Os exiliados románticos, filmes inéditos na nosa cidade e netamente estivais, convertiranse na coartada perfecta para transformar os espazos urbanos de Pontevedra en salas cinematográficas efémeras.
• Por primeira ou última vez: en homenaxe a Nicholas Ray proxectarase a súa primeira longametraxe They live by night (1948)
• Encontros: espazo adicado ao sector dentro do festival. Trátase dun punto de encontro permanente entre técnicos, creadores, empresas, estudantes e organizacións do audiovisual de todo o mundo.


Web oficial con más información en novoscinemas.com