Musical La Familia Addams en Vigo

Musical La Familia Addams en Vigo
Reserva tus entradas en Ataquilla.com

Poemaria Vigo 2016

Primeiro Festival de Poesía POEMARIA 2016, que se desenvolverá en distintos espazos da cidade de Vigo este venres e sábado, 24 e 25 de xuño

Dirixido por Keith Payne e Patricia Sánchez, o Concello impulsa unha nova proposta cuxo primeiro obxectivo é converterse en plataforma para o recoñecemento das mulleres na poesía e visibilizar a súa faceta creativa. Neste sentido, Vigo acollerá a editoras e poetas indispensables, como Chus Pato, Míriam Reyes e Ana Gorría. 

Poemaria trae á cidade algunhas das voces máis interesantes do panorama editorial contemporáneo e os principais talentos das letras galegas e españolas. A programación contempla lecturas de poetas chegados de Bilbao, Valencia ou Sevilla, como Itziar Mínguez, Víktor Gómez e María Ramos, que se mesturarán coas voces máis salientables do panorama galego: Elvira Ribeiro, Silvia Penas (Cinta Adhesiva), Daniel Salado, Iolanda Zúñiga, Ismael Ramos, Alexia Dotras ou Miguel Alonso Diz, entre outras.

Poemaria 2016 inclúe recitais, obradoiros para nenos e nenas, proxeccións, conta contos e ata un pícnic poético en bici, oferta distribuída en sedes como a Fotogalería de Javier Teniente, a Casa das Artes, a Escola de Artes e Oficios e as prazas de Pescadores e do Abanico, no casco vello vigués.