martes, 28 de junio de 2016

Presentación Festival Revenidas Vilaxoán Vilagarcía de Arousa

Festival Revenidas 2016 

O Alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, definiu con estas palabras unha das citas imprescindibles do verán nas Rías Baixas e en Galicia Na presentación oficial do Revenidas16 destacouse a dimensión e a calidade dunha programación moi completa durante os días 19 e 21 de agosto

VILAXOÁN – VILAGARCÍA DE AROUSA do 19 o 21 de agosto



Revenidas16 O Festival das Línguas

Máis de 23 concertos, a maioría de pago, con destacadas bandas como o rapeiro máis importante do Brasil Gabriel o Pensador, a mellor banda europea de gipsy Fanfare Ciôcarlia, a banda máis
destacada do actual ska italiano Talco, os sorprendentes sons de polka and roll de Russkaja e La Raíz, lenda contemporánea do rock estatal. En Vilaxoán no concello de Vilagarcía de Arousa o terceiro fin de semana de agosto, do venres 19 ó domingo 21

Música, gastronomía, amizade, experiencias de festa
Revenidas16 contará con dous concertos moi especiais de músicos con vinte anos de
experiencia. É o caso do rapeiro máis imporante do Brasil Gabriel o Pensador, dúas décadas
de éxitos e un novo traballo Fé na luta, inspirado nas revoltas sociais do país e do contexto
internacional. As persoas presentes en Vilaxoán celebrarán tamén o décimo aniversario do
descobremento da Fanfare Ciôcarlia, nunha pequena vilá romaní. Dende percorren o Mundo
co súas interpretacións únicas e vibrantes de auténtico e xenuíno son balcánico ou gipsy brass.
Por primeira vez en Vilaxoán, unha das bandas con metais máis importantes de Europa
Central, Russkaja liderada polo ruso Georgi Makazaria e formado por membros austríacos e
rusos, co seu potente directo coa presentación do seu úlimo disco “Love & Russian Roll”. As
miles de persoas asistentes bailarán a mestura rock, ska, folk e punk de Talco, unha das
bandas italianas máis internacionais da actualidade. Dende Valencia, o directo da historia
recente do rock estatal con La Raíz. E no Festival das Línguas tamén poderase escoitar o
sotaque catalán con ZOO, Itaca Band e Aspencat, que con máis de 500 concertos ás costas
continúan explorando novos territorios entre o reggae, dancehall e o dupstep. La Kimbala,
grupo de fusión con colaboracións con Manu Chau, ou Juantxo Skalari & La Rude Band e
dende Gijón o premiado DJ Pimp.


A Praia do Preguntoiro, condecorada con bandeira azul e situada no porto mariñeiro de
Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, foi o lugar escollido para a presentación oficial da 13
edición do festival Revenidas.

A Deputación de Pontevedra promotora dos Festivais Rías Baixas, a marca que acolle
aos 7 principais festivais da provincia no que se inclúe Revenidas, estivo representada pola
súa presidenta Carmen Silva Rego. “O mellor que temos as persoas e as Administracións Públicas son as ideas. Aquí, celebramos esta gran idea que pon en valor a cultura que nos fai únicos e representa un gran atractivo que só nós somos” argumentou Carmen Silva, que engadiu: “Revenidas pon en relevo a língua e a nosa cultura, a música, pero tamén o encontro, a convivencia e uns espazos tan fermosos abundantes en Vilagarcía e en moitos lugares do Salnés”.

O director de AGADIC, a Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sútil admitiu
que “para min é unha alegría participar na presentación dun evento no que vimos
colaborando nos últimos anos, como outros eventos nos que colaboramos e que veñen
dinamizando a industria cultural en Galicia. Revenidas constitúe unha simbioxe perfecta
entre a cultura popular máis a tradición e a modernidade, un festival aberto ao mundo”.
Sonia Outón, concelleira de Cultura de Vilagarcía, destacou que “Revenidas é máis
que un festival, é música, cultura propia, solidariedade e gastronomía”. Ademais nesta
edición haberá actividades vencelladas ao ano Castelao, intervencións plásticas, contos e
obradoiros. O deputado Cultura Deputación Pontevedra Xosé Leal suliñou o
compromiso do Festival “coa nosa língua, referencia para outros festivais”.

Por parte da organización falou Xoan Quintáns que destacou “a completa
programación de actividades para todos os públicos, nun entorno que convida ao disfrute
do mar, gastronomía, música e amizade”. Por segundo ano consecutivo, Mahou continúa
coma un dos principais patrocinadores do Festival As Revenidas. Nesta ocasión, además
do Escenario Mahou, a marca contará cunha Zona Mahou onde se desenvolverán distintas
actividades que completarán a oferta de lecer de Revenidas16 e onde os asistentes
poderán disfrutar das cañas mellor tiradas. Una colaboración que se enmarca en la
apuesta de Mahou polo lecer e entretemento innovador.

Xoán Quintáns lembrou que o festival arrinca este venres 1 de xullo a partir das 21:30 na
praza da Peixeria en Vilagarcía coa final do III Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas.
Unha actuación no que tocarán as bandas viguesas Lamprea Explosiva e Os Vacalouras,
Leda Atómica de Cambados, Canto Crú de Vilagarcía e Skalingrado de Ourense. Os
grupos optarán a algún dos dous premios do concurso.

O prezo dos bonos para os tres días estará a 30 euros ata o 1 de xullo. 

Posteriormente irán aumentando a cantidade. A programación completa do festival e algunhas sorpresas por anunciar daranse a coñecer na web do festival. www.revenidas.com

Entre as bandas destacadas, unha das mellores bandas balcánicas de todos os tempos
Fanfare Ciocarlia, un dos rapeiros máis importantes da música brasileira da última
década Gabriel O Pensador, a diversión e o ska dos italianos Talco, o rock reinvidicativo
dos existosos La Raíz ou a contundencia e diversión da actual banda austriaca con máis
repercusión internacional Russkaja.

A programación de concertos de pago complétase con:

Venres 19 agosto: Gabriel O Pensador, Itaca Band, Juantxo Skalari & La Rude Band,
Malandrómeda, Familia Caamagno, Poetarras , Brinkadelia Troupe, Dj Crebinsky,

Sábado 20 agosto: Fanfare Ciocarlia, Talco, O Sonoro Maxín, Aspencat, Falperrys, La
Kimbala Rumba Style, Dj Pimp

Domingo 21 agosto: La Raíz, Russkaja, Zoo, Cuchufellos, Tres Trebóns, Ezetaerre,
Delombaos, Gañador Concurso Emerxente Rías Baixas