Musical La Familia Addams en Vigo

Musical La Familia Addams en Vigo
Reserva tus entradas en Ataquilla.com

Rexenera Fest Carballo 2016

Rexenera Fest 2016 Festival internacional de Arte Pública Do 30 de maio ao 5 de xuño

Rexenera Fest 2016, o Festival Internacional de Arte Pública de Carballo está de volta.



Esta segunda edición terá lugar dende o luns 30 de maio ata o domingo 5 de xuño de 2016 e reunirá a un coidado elenco formado por 5 artistas provintes de distintas nacións, que intervirán en cinco paredes de grande formato esparexidas por todo o casco urbán.

Ademáis este ano contaremos con outras actividades paralelas durante toda a semana: Master classes, conferencias, mesas redondas, concertos e un roteiro guiado por tódolos murais do festival.

FESTA CONCERTO: Sábado 4 de xuño / Sala Dublín
Para rematar o festival, o sábado 4 de xuño terá lugar unha festa de peche con música en directo na Sala Dublín de Carballo.
A entrada será de balde e durante a noite desfrutaremos da música en directo dos FLUZO, co seu hip hop de vangarda  e co Rock&Roll da FAMILIA CAAMAGNO.
Unha xornada festivo musical pra celebrar con nocturnidade e alevosía toda unha semana de frenética  creación artística nas rúas de Carballo.
DATA: sábado 4 de xuño de 2016
LUGAR: Sala Dublín / Rúa Fomento, nº 25. Carballo
HORA: 22:30 h.
ENTRADA DE BALDE

Más info http://www.rexenerafest.gal/