jueves, 23 de junio de 2016

San Xoán Pequeniño A Coruña 2016

San Xoán Pequeniño 2016

A programación arredor das festas de San Xoán na Coruña terá na xornada do día 24, na praza de María Pita, o seu día grande dentro do San Xoán Pequeniño, con actividades desde as 12.00 horas e ata última hora da tarde, nunha xornada que pon fin ás actividades desenvolvidas desde o día 17 nos distintos barrios da cidade, coa mirada posta nos e nas pequenas. Dentro delas, esta mesma tarde, a compañía Ángeles de Trapo estará ás 17.00 horas no Campo da Leña cun espectaculo narrativo con personaxes feitos de cartón e trapo, e ás 18.30, Elefante Elegante levará o seu espectáculo de teatro visual á praza de Pablo Iglesias. Tamén mañá, día 23, haberá oferta para o público infantil, con dúas actuacións máis: nos xardíns dos Cantóns, ás 17.00 horas, haberá circo e pallasos da man de Cía Passabarret, e ás 18.30 horas, o espectáculo seguirá no Obelisco co circo musical de Cíclicus.

Xa o día 24, a programación de San Xoán Pequeniño concentrarase en María Pita, a partir das 12.00 horas. Ás 12.20 horas, Os Monifates levarán á praza unha experiencia musical a base de instrumentos elaborados de xeito artesán, á que acompaña unha parella de danza, e ás 12.50 o cantautor Joan Curiel desplegará todo o seu repertorio. Pola tarde, ás 16.30 horas, a compañía de circo musical Cíclicus levará a María Pita a súa proposta, que mestura as dinámicas circenses con música e cabaré, e ás 16.50 terá lugar un espectáculo de monicreques, da man de Teatro dos Gazafelhos. O grupo A Gramola Gominola porá a música ao programa da tarde a partir das 18.00 horas, e ás 18.50, Os Monifates repetirán na praza, cun espectáculo orixinal que combina baile cos sons dos seus instrumentos. Ás 19.00 horas, as catro compoñentes das Fadas Magriñas despregarán o seu proxecto musical, pensado para nenas e nenos de todas as idades, e ás 20.00 horas, o Espectáculo La Tartana representará o seu show de marionetas. O peche será ás 20.15 horas, co concerto do proxecto Sons Miúdos, que reúne no escenario aos máis importantes cantantes e grupos de música galega infantil.

Toda a información relativa ao San Xoán coruñés, a programación así como as normas e consellos para as queimas,a xestión dos refugallos e as recomendacións ambientais, está dispoñible na web www.sanxoancoruna.es.