viernes, 1 de julio de 2016

Asalto o Castelo de Vimianzo

Este fin de semana visita Vimianzo 

El sábado 2 disfruta el espectacular asalto o Castelo


Ses, Celtas Cortos, Firkin, Spin te Kú e Quempallou no XXI Asalto ao Castelo


Comezamos forte, despois da cea medieval (na que actuará Cé Orquestra Pantasma chegan…
quempallou
QUEMPALLOU (Galiza)   01h00
Con máis de 12 anos de traxectoria ás costas e considerado como unha das bandas máis representativas do folk galego, este grupo con orixe en Incio e nas Rías Baixas fará bailar a todo aquel que estea presente. Desenvolvendo ritmos tradicionais cun toque de frescura levan a festa por bandeira sen esquecer o seu compromiso social.
E para a noite do Asalto…
SÁBADO 02 DE XULLO
ses
SES (22h) (Galiza)
Igual que o lume prende nun facho, o ritmo prende no público coa música desta cantautora coruñesa. Rock, blues, baladas… Ses virá cargada de enerxía para revolucionar a vila igual que revolucionou o panorama musical galego. A crítica social que esconden as súas letras non pode pegar máis coa celebración á que asiste.
 ASALTO AO CASTELO (23h30)

Os nobres continúan oprimindo a comarca da Terra de  Soneira, polo cal as Revoltas Irmandiñas continúan despois de vinte e un anos. Cunha peza entre teatro e musical, Melodrama pretende facer unha sátira do mundo das verbenas en Galicia.
CELTAS CORTOS (01h) (Valladolid)
celtas-cortos
30 anos de concertos por todo o panorama nacional e internacional, máis de dous millóns de discos vendidos e un repertorio cheo de cancións coñecidas por varias xeracións son a carta de presentación deste grupo rock con influencias celtas. De Valladolid a Vimianzo traerán o son celta e inspirarán recordos en todo o público irmandiño.