miércoles, 13 de julio de 2016

Feria do viño do Rosal 2016

FEIRA DO VIÑO DO ROSAL 2016
Do 15 o 17 de xullo



Rosal é unha das subzonas da Denominación de Orixe Rías Baixas onde se elabora uns dos viños brancos  con máis prestixio e recoñecemento no panorama vitivinícola.
Os viños do Rosal acumulan distincións e galardóns nas máis prestixiosas catas e testemuñan a súa presenza nas mesas de todo o mundo.
Cada terceiro fin de semana do mes de xullo celébrase a feira de exaltación deste viño de sabor incomparable e único. Un evento consolidado, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, e amparada pola participación de adegas que forman parte da D.O. Rías Baixas.
Unha celebración que á súa vez se complementa con actividades lúdicas, culturais e deportivas.

Contacto:

Organización da Feira do Viño do Rosal
Concello do Rosal
Praza do Calvario nº 1
36770 O Rosal
Pontevedra – ES
Teléfono: +34 986 625 000
feiradorosal@concellodorosal.es