jueves, 7 de julio de 2016

Feria Franca Medieval Betanzos dos Cabaleiros 2016

Betanzos espera os visitantes con tres días de Feira para gozar plenamente de algo único, dunha festa diferente e de BETANZOS, da súa riqueza histórica e cultural, das súas rúas, da súa xente, o seu comercio, a súa hostalaría... Viaxando a unha época pretérita onde a nosa cidade tivo un papel significativo no acontecer de Galicia




PROGRAMA DA FESTA

Venres, 8 de Sant-Iago
15:00 h Fin da localización das paradas da Feira Franca Medieval.
18:00 h Os artesáns chegados de todos os lugares de España, abren as súas paradas ateigadas de mercadorías para ofrecer o mellor das súas terras ás persoas que queiran mercar ou observar os seus produtos.
18:00 h Comezan a percorrer a Feira os pasarrúas de MÚSICA, CÓMICOS e MALABARES.
18:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino Pita.
21:00 h O señor de Andrade honra a todos os seus vasalos coa chegada á Praza da Constitución desta Real Cidade e solicítalle ao ilustrísimo señor rexedor a apertura da FEIRA FRANCA. Ante este anuncio as mozas mouras liberadas polas hostes do señor de Andrade, ofrecerán unha danza.
Deseguido nobres e campesiños presentarán as súas queixas e pedimentos ao señor de Andrade por medio do notario Xoán Blanco. Ao remate das peticións e ofrecementos as mozas da Cidade ofrecerán unha danza campesiña coa colaboración da escola de danza DANZARTE. A continuación lerá o pregón o betanceiro EDUARDO JOSÉ FUENTES ABELEDO doutor en Ciencias da Educación con Premio Extraordinario, foi docente en todas as etapas do sistema educativo e, na actualidade, Profesor Titular na área de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela, sendo autor de numerosas publicacións de prestixio producto das súas investigacións.
Para rematar o ilustrísimo señor rexedor da Cidade de Betanzos abrirá a XIX FEIRA FRANCA MEDIEVAÑ desta Ilustrísima Cidade.
23:00 h Na rúa travesa os membros do CLUB DE BALONCESTO STO. DOMINGO de BETANZOS representarán o incendio da Cidade do século XVI cunha simpática carreira de bocois .
00:00 h Na Praza da Constitución espectáculo de lume e malabares "ERRANTES" por conta da compañía TROULA Animación
Durante toda a tarde haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a FEIRA o grupo de música ACIBREIRA, o Grupo Troula Animación con espectáculos de perusión e lume. Ao longo de toda a tarde haberá exhibición de TIRO CON ARCO e CETRARÍA na praza de Santa María

RECUNCHO INFANTIL: No Cantón Claudino Pita dende as 18:00 h ata as 22:00 h estará dispoñibles o RECUNCHO INFANTIL con obradoiros e xogos populares para nenos e nenas. Co mesmo horario funcionarán o resto das atraccións para os rapaces e rapazas.
Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuito, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 19:30 e as 21:30 no posto de información situado na Praza dos Irmáns García Naveira



Sábado, 9 de Sant-Iago
11:00 h Apertura das paradas.
11:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL e das atraccións par os nenose nenas no Cantón de Claudino Pita.
11:00 h Apertura do Campamento Medieval na Praza dos Irmáns García Naveira por conta da compañía Especialistas Hípica Celta con combates entre cabaleiros, tiro con arco, tiro con bésta, xogos para os nenos e nenas e obradoiros de exhibición de oficios tradicionais (tear de liño, traballo con coiro e obradoiro de ferreiro).
12:00 h No recinto do campamento medieval obradoiro de elaboración de pulseiras de coiro para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos por conta de OXÍGENO OCIO EDUCATIVO. O Obradoiro terá unha hora de duración e poderán participar nel ata 15 nenos e nenas que deberán inscribirse neste media hora antes da realización do obradoiro, no mencionado campamento.
12:00 h Comezarán a percorrer a Feira os pasarrúas de MÚSICOS, CÓMICOS e MALABARES, así como o grupo de teatro LA COMEDIA ANDANTE.
13:30 h Na praza da constitución, chegada dos mouros ao mando de Yussuf Hammar para esixir á cidade de Betanzos as doncelas que ten que entregar ao califa de Córdoba. Un pai campesiño ofrecerá a Yussuf Hammar todo o seu patrimonio a cambio de que deixe libre á súa filla e ante a negativa de Yussuf prefire matala. Entón a veciñanza de Betanzos érguese en armas contra dos mouros e despois dunha fera loita conseguen derrotalos e liberar as doncelas. As mozas mouras que acompañan a Yussuf deleitaranos cunhas fermosas danzas..
17:00 h Apertura das paradas.
17:30 h Comezarán a percorrer a Feira os pasarrúas de MÚSICOS, CÓMICOS e MALABARES, así como o grupo de teatro LA COMEDIA ANDANTE.
18:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL np Cantón de Claudino Pita.
18:00 h Apertura do Campamento Medieval na Praza dos Irmáns García Naveira.
18:00 h No recinto do Campamento Medieval obradoiro de elaboración de pulseiras de coiro para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos por conta de Oxígeno Ocio Educativo. O obradoiro terá unha hora de duración e poderán participar nel ata 15 nenos e nenas que deberán inscribirse neste media hora antes da realización do obradoiro, no mencionado campamento.
19:00 h Actuación do grupo AZOUGUE da Escola Municipal de Folclore de Betanzos e danza campesiña polas mozas colaboradoras da organización. Ao remate das danzas dará comezo a Revolución Irmandiña coa proclama do mercador Afonso de Carballido.
19:30 h No recinto do Campamento Medieval obradoiro de elaboración de escudetes para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos por conta de Oxígeno Ocio Educativo. O obradoiro terá unha hora de duración e poderán participar nel ata 15 nenos e nenas que deberán inscribirse neste media hora antes da realización do obradoiro, no mencionado campamento.
18:00 h Apertura do Campamento Medieval na Praza dos Irmáns García Naveira.
24:00 h Na Praza da Constitución, espectáculo de pirotecnia, zancudos, lume e AQUELARRE por conta do grupo de teatro LA RECUA.
Durante todo o día haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a Feira o grupo de música ACIBREIRA, o grupo de teatro LA COMEDIA ANDANTE, o grupo de teatro VOLTA E DÁLLE cos espectáculo O AFIADOR RODESINDO DA BARROSA, o malabarista COTE e O MAGO GONZÁLVEZ.

Ao longo de todo o día haberá exhibición de TIRO CON ARCO e CETRARÍA na Praza de Santa María.
RECUNCHO INFANTIL: no Cantón de Claudino Pita dende as 11:00 h ata as 14:00 h e das 18:00 h ata as 22:00 h.
CAMPAMENTO MEDIEVAL: na Praza dos Irmáns García Naveira dende 11:00 h ata as 14:00 h e das 18:00 h ata as 22:00 h.


Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuíto, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 19:30 h e as 21:30 h no posto de información situado na Praza dos Irmáns García Naveira.


Domingo 10 de Sant-Iago
11:00 h Apertura das paradas.
11:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL e das atraccións para os nenos e as nenas no Cantón de Claudino Pita.
11:00 h Apertura do Campamento Medieval na Praza dos Irmáns García Naveira por conta da compañía Especialistas Hípica Celta con combates entre cabaleiros, tiro con arco, tiro con bésta, xogos para os nenos e nenas e obradoiros de exhibición de oficios tradicionais (tear de liño, traballo con coiro e obradoiro de ferreiro).
12:00 h h No recinto do Campamento Medieval obradoiro de elaboración de escudetes para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos por conta de Oxígeno Ocio Educativo. O obradoiro terá unha hora de duración e poderán participar nel ata 15 nenos e nenas que deberán inscribirse neste media hora antes da realización do obradoiro, no mencionado campamento.
12:00 h h Comezan a percorrer a Feira os pasarrúas de MÚSICOS, CÓMICOS, MALABARES, así como o grupo de teatro LA COMEDIA ANDANTE.
12:00 h h Na Praza da Constitución xogos populares e tradicionais para nenos e nenas por conta dos membros da CRUZ VERMELLA de Betanzos.
13:30 h h Escena da expulsión dos leprosos que parten da Praza dos Irmáns García Naveira, desenvolverá a xente colaboradora da organización e que rememora un feito histórico da Cidade.
17:00 h Apertura das paradas.
17:30 h Comezan a percorrer a Feira os pasarrúas de MÚSICOS, CÓMICOS e MALABARES, así como o grupo de teatro LA COMEDIA ANDANTE.
18:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino Pita.
18:00 h Apertura do Campamento Medieval na Praza dos Irmáns García Naveira.
18:00 h Torneo Medieval a cabalo na Praza dos Irmáns García Naveira con exhibición dos cabaleiros ademais de CETRARÍA. Espectáculo de danza polas mozas colaboradoras da organización e a escola de danza DANZARTE.
23:30 h Na Praza da Constitución espectáculo de teatro LA BEATA do Grupo de Teatro LA COMEDIA ANDANTE
Durante todo o día haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a Feira os músicos de ACIBREIRA, ZANCUDOS E CÓMICOS do grupo de teatro LA COMEDIA ANDANTE, grupo de teatro VOLTA E DÁLLE co espectáculo BUQUEIRAS NOVO, o malabarista COTE, e o MAGO GONZÁLVEZ. Ao longo de todo o día haberá exhibición de TIRO CON ARCO e CETRARÍA na Praza de Santa María.

RECUNCHO INFANTIL: no Cantón de Claudino Pita dende as 11:00 h ata as 14:00 h e das 18:00 h ata as 22:00 h.

CAMPAMENTO MEDIEVAL: na Praza dos Irmáns García Naveira dende 11:00 h ata as 14:00 h e das 18:00 h ata as 22:00 h.

Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuíto, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 18:30 h e as 20:30 h no posto de información situado na Praza dos Irmáns García Naveira.

Plano

Novedad

La Feria Franca Medieval de este año contará, entre otras cosas, como novedad, con un Campamento Medieval en la plaza García Naveira. Se trata de una actividad dirigida tanto a adultos como a niños, ya que en el recinto habrá talleres, exhibiciones y obradoiros para todas las edades. El campamento funcionará el segundo y tercer día de Feria, es decir, el sábado y domingo. Contará con tiendas medievales en un recinto en el que se celebrarán combates entre caballeros, exhibiciones de tiro con arco, con ballesta, y de oficios tradicionales como telar de lino, trabajo con cuero o herrería.

Más sobre Betanzos en la web oficial http://www.betanzos.net/

Que ver en Betanzos