jueves, 7 de julio de 2016

Festifolk Costa da Morte Carballo 2016

A música tradicional galega ten unha cita ineludible o sábado 9 de xullo coa celebración en Carballo da segunda edición do Festifolk Costa da Morte. 

Segundo explica a organización, encabezada polo Concello e coa colaboración e o patrocinio de La Voz de Galicia e a Fundación Luís Calvo Sanz, para tentar que siga en marcha esta locomotora para a música folk que ten unha oportunidade para amosar a súa mellor faciana. E o fai, non só coa presenza de músicos de renome como Xabier Díaz ou Pepe Vaamonce, senón tamén coa asistencia de grupos de gaiteiros de toda a Costa da Morte, que desfilarán polas rúas de Carballo tocando as súas mellores tonadas.

Xabier Díaz ofrece un espectáculo no que está enriba do escenario cun numeroso grupo de percusionistas e cantoras.

Encabezados polo Grupo de Gaitas de Carballo, e á espera das últimas incorporacións, xa están confirmadas agrupacións como Arume, Malante ou A Cruz de Baixar, entre outras moitas. Todas elas pasearán pola vila ao ritmo de muiñeiras, foliadas, xotas... a partir das 21.00 horas. Xa ás 22.00 h. será a quenda de Xabier Díaz e Pepe Vaamonde. O primeiro presenta o seu novo traballo, The Tambourine Man, no que se rodea de Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular coas que, en verbas do propio Díaz, que asistiu á presentación do Festifolk, "imos facer festa en Carballo!".

Pepe Vaamonde abre a noite para presentar tamén o seu novo proxecto musical, Nas pedras do lar, un espectáculo baseado na contundencia e forza da música folk galega, que se mestura cunha chea de novos sabores sonoros.