viernes, 22 de julio de 2016

Ficciónate cinema de verán en Ferrol

Cinema de verán ao ar libre en Ferrol da man de Ficciónate

O venres 29 de xuño ás 21.00h na Praza do Cantón de Ferrol preséntase Ficciónate, o primeiro ciclo de cinema de curta duración que busca amosar os traballos dos novos talentos e alentar as novas xeracións a que produzan e creen industria creativa.
No ciclo proxéctanse as obras Rancor (vencedora dos Premios Redondela en Curto), El Comediante (dos creadores da exitosa webserie El Método Sueco), Fálame do silencio (seleccionada no Short Films from Galicia para mercados internacionais) e Unary (gañadora do Premio Mestre Mateo en 2015).
Trala proxección, os representantes de cada filme, manterán unha charla aberta co público asistente e unha tertulia que analizará a actualidade do sector.
Ferrol é a quinta parada deste ciclo, tras ser presentado na Illa de Arousa, Negreira, Pontevedra e Sarria e os próximos destinos serán Burela, O Incio, Oleiros e Santa Comba entre outros.
A entrada é libre ata completar aforo. En caso de que a meteoroloxía non o permita, o ciclo terá lugar no Auditorio do Antigo Hospicio.

O venres 29 de xullo ás 21.00h na Praza do Cantón de Ferrol, preséntase Ficciónate, o ciclo de cinema galego desenvolvido por novos talentos do audiovisual galego. Catro curtametraxes de ficción que viron a luz durante os últimos dous anos e que unen forzas para pescudar novas vías de exhibición e colaboración conxunta para facer chegar estas obras de pequeno formato ao gran público. Rancor de Miguel Morales, El Comediante de Óscar Cruz, Fálame do silencio de Lois Blanco e Unary de Luis Avilés proxectaranse na Praza do Cantón de Ferrol, tras visitar o Auditorio da Illa de Arousa, a Casa da Cultura de Negreira, o Museo de Pontevedra e a Praza da Vila de Sarria e tendo como seguintes destinos Santa Comba, Burela, Oleiros e O Incio entre outros.
Tralas proxeccións, os asistentes terán a ocasión de compartir a experiencia cos artífices das obras dende diferentes ámbitos do eido audiovisual: a dirección, a produción, a fotografía, a promoción e a interpretación.

Os filmes tratan temáticas de rigorosa actualidade. Rancor é a historia de Teo, un rapaz que durante a súa infancia, sofre o maltrato, a desidia e a vexación de mans do seu pai, tendo a súa nai enferma. O pasado sempre volve, e despois de graduarse nos seus estudios, volve ver ao seu pai logo de pasar moitos anos atrás. 

Tras este drama, os espectadores disfrutarán do humor de El Comediante, a historia de Óscar, un rapaz que intenta traballar no mundo do humor facendo monólogos e atopa nas pantasmas do pasado, unha fonte de inspiración, ademais de vivir diferentes aventuras e desventuras que o axudan a construir o seu texto. Tratando temas de actualidade, ante a dificultade da xuventude de non atopar saída ante os problemas laborais e persoais, enténdese o contexto de Fálame do silencio, unha reflexión sobre unha situación xeracional, da preocupación de “non ver saída”, da frustración de buscar unha estabilidade e non saber ou non poder conseguila. Por último, a laureada Unary, trata sobre o primeiro día de liberdade de Lucas. Despois de 21 anos en prisión, Lucas enfróntase a un mundo que non coñece, a unha nova vida. Lucas está marcado por unhas rutinas, uns horarios, unha contorna e uns pensamentos que non poderá manter fóra de prisión.

En resumo, en palabras do organizador Andrés Rozados, “O proxecto nace da necesidade de prantexar un circuíto alternativo aos festivais e certames habituais, cunha orientación didactica, instructiva e con vocación cooperativa”. Ficciónate é unha iniciativa de Abella Creativa coa colaboración de MT Producciones, Pixel Films e Porco Bravú e o apoio do Concello de Ferrol.