jueves, 7 de julio de 2016

Mercado Medieval de Narón 2016

A apertura dos postos do Mercado Medieval terá lugar o venres, día 8, a partir das 18.00 horas e desde as 18.30 músicos e malabaristas (os grupos Olta Gbahar e Trip Malabar) percorrerán a feira. 

O apartado cómico comezará ás 19.00 horas e ás 19.30 será o turno de Los Alegres tarados del Ritmo (de novo co personaxe Olta Gabhar) para a partir das 20.00 iniciarse un espectáculo de maxia. Tamén a última hora da tarde, sobre as 20.45 horas, os visitantes poderán ver en directo a un grupo de lanzadores de coitelos (con Trip e Malabar) e desde as 21.30 outro de malabaristas. A programación do venres rematará co espectáculo “Queredes ver lume?”, no que participarán varios personaxes e donde o lume, como indica o nome da actividade, será o protagonista.

Nas xornadas do sábado e do domingo os postos do Mercado Medieval abrirán a partir das 11.00 horas e ás 11.30 chegarán de novo a este evento Los Alegres tarados del Ritmo, que se poderán ver novamente a partir das 13.00 horas os dous últimos días. Tamén regresarán os lanzadores de coitelos, ás 12.00; a maxia, cun espectáculo que comezará ás 12.30 e o apartado cómico, desde as 13.30, para rematar a actividade matinal con Los Triduendes, a partir das 14.00 horas. 

Durante a tarde do sábado e o domingo a reapertura dos postos do Mercado será ás 18.00 horas e ás 18.30 un grupo de músicos amenizará o espazo no que se desenvolve este evento, realizando un pecorrido pola zona. Así mesmo, sucederanse os espectáculos cómicos, desde as 19.00; dos Triduendes, a partir das 19.30; de malabarismo, desde as 20.15; de Los Alegres tarados del Ritmo, a partir das 21.00 e de maxia, ás 21.45. Finalmente terá lugar a tradicional actividade da Captura do dragón (Trip-Malabar), na que os visitantes poderán ver desde as 22.15 horas unha figura deste reptil mitolóxico de tres metros e medio de alto por seis de longo, e ás 22.20 dará comezo un novo espectáculo musical. Pechará a programación do Mercado Medieval o espectáculo “Queredes ver lume?”, que se iniciará ás 23.00 horas.

Tamén haberá actividades específicas para os nenos e nenas, tal e como indicaron desde a organización.