sábado, 16 de julio de 2016

O himno da Festa da Dorna de Ribeira

O himno da Festa da Dorna Ribeira

Na Singradura do ano 1998, estréase o Himno Dorneiro, peza musical composta e interpretada por “Os Diplomáticos de Montealto” e a banda de gaitas “Ancoradoiro” a partir dunha letra de Santi Páramo. A peza é xa un clásico da Festa . A súa interpretación pola marea dorneira “esparando as pañoletas” e acompañando ao grupo musical que pecha o Consertaso de fin de festa é de gran emotividade.

“24 de Xullo”

O vintecatro de xullo

chejou a chea a Ribeira

enchendo rúas e prasas

sobe a marea dorneira.

Bota o risón compañeiro

coa dorna aparellada

e se non cheja cun cabo

fondea coa poutada.

RETROUSO (móvense os panos no aire mentres se interpreta)

Forsa á Dorna! Vento en popa!

Con jalerna ou en calmada

que non se sabe no mundo

doutra festa máis rachada.

Forsa ás peñas dorneiras,

a mellor tripulasión

esparando as “pañoletas”

ao son do acordeón.

(Bis)

Xa neste lanse ,dorneiros!

comesen as cantareas

imos jañar o quiñón

de troula nas fanequeiras,

e se o mar ponse bravo

larjaremos na mar brava

as nosas embarcasións

feitas todas á machada!

RETROUSO (móvense os panos no aire mentres se interpreta)