miércoles, 20 de julio de 2016

Programa Concertos Festas en Vigo 2016

PROGRAMA COMPLETO CONCERTOS E ACTUACIONS MUSICAIS VIGO EN FESTAS 2016
do 8 de xullo ao 20 de agosto


 CONCERTOS AUDITORIO AO AIRE LIBRE DE CASTRELOS

ANTHRAX + APHONNIC
19 de xullo – 22:30 horas
Anthrax é un grupo estadounidense que xunto a Metallica, Slayer e Megadeath compoñen o Big Four,
as 4 bands máis grandes do trash-metal. Un grupo lexendario que vendeu máis de 12 millóns de discos
en todo o mundo e que foi cabeza de cartel dos festivais de rock máis importantes do planeta. Levan 35
anos de carreira e esta será a súa primeira actuación en Vigo.
Aphonnic é un grupo vigués, agora mesmo o máximo representante do rock-metal que se fai en Galicia,
e xa un nome de referencia a nivel estatal grazas á reputación que vén gañando polos seus explosivos
directos. Atópanse gravando o seu esperado novo disco “Indomables”.
Prezos: 10,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 12,00 euros o día do concerto.
(De pé)

ANTONIO OROZCO
20 de xullo – 23:00 horas
Da Orixe ao Destino. Así é como Antonio Orozco entende a viaxe sen retorno que iniciou o día que viu
a luz o seu primeiro traballo “Un reloj y una vela”. Quince anos e oito discos despois o final do traxecto
non é senón unha metáfora do devir, dese futuro que, como se de un xigantesco imán se tratase, nos
arrastra e nos moldea.
Prezos: 8,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 10,00 euros o día do concerto
(De pé)

LA NOCHE MOVIDA
22 de xullo – 22:30 horas
Con Jaime Urrutia, Nacho García Vega, Javier Gurruchaga, Alejo Stivel, Coti, Nacho Campillo e
Pablo Carbonell.
“La Noche Movida” é moito máis ca un concerto de rock. É a reunión duns peculiares cantantes e unha
potente banda de músicos que, coa desculpa de tocar e cantar un variado repertorio composto dos
grandes éxitos musicais dos anos 80', converten o escenario nunha grande festa da “Movida” da que o
público é partícipe desde o primeiro minuto. Moitas risas, bailes, complicidade, xolda e rock'n'roll son os
elementos clave deste espectáculo musical
Prezos: 8,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 10,00 euros o día do concerto
(De pé)

AURYN
23 de xullo – 22:30 horas
Auryn é a Boyband española por excelencia. Os seus cinco compoñentes son todos compositores dos
seus propios temas e o seu último traballo " Ghost Town ", gravado en 2015 volveu a ser número un de
vendas como os anteriores, supón un paso cara a madurez do grupo que traballou con produtores
internacionais moi importantes dentro da industria musical para crear un son acorde ao seu crecemento
e traxectoria..
Prezos: 8,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 10,00 euros o día do concerto
(De pé)

CORAL CASABLANCA
30 de xullo – 23:00 horas
Acceso libre ata completar a capacidade do recinto
(Con cadeiras)



 ESPECTÁCULOS INFANTÍS “ CATIVO-MUSICAIS”
FURIOUS MONKEY HOUSE – 26 de xullo – 20:00 horas
Furious Monkey House son 5 nenos de entre 12 e 14 anos e un mono furioso. Empezaron a tocar
xuntos en marzo de 2014 empuxados pola súa paixón pola música, e xa contan cun disco no mercado:
RUN. Run foi gravado nos míticos estudios Abbey Road de Londres. Con influencias do rock dos 90, os
Furious Monkey House chegaron para arrasar.
MAGICAL 2 – 27 de xullo – 20:00 horas
Magical 2 en Concerto, un musical cheo de maxia, unha das mellores producións para o público familiar
dos últimos anos. As mellores e máis coñecidas cancións nun concerto único no que nenos e non tan
nenos volverán a gozar como ananos, todo conducido polos nosos pillos e simpáticos Oso e Pinocho.
Acceso libre ata completar a capacidade do recinto
(Con cadeiras)