sábado, 2 de julio de 2016

Programa Festas Monforte de Lemos 2016

Antonio Orozco e Auryn na programación das festas de Monforte de Lemos 2016

O cantante Antonio Orozco e a banda Auryn son as principais atraccións que haberá este verán durante as Festas Patronais de Monforte. Por outra parte, a artista do Incio, Lucía Pérez, será a encargada de darlle o pistoletazo de saída ás Festas o día 11 de agosto, trala lectura do pregón. O Alcalde deu a coñecer tamén o nome das orquestras que actuarán durante o mes de agosto e destacou que se trata dunha oferta musical variada e de calidade. Entre outras, traerán á cidade do Cabe o seu espectáculo a Olympus e a Charleston.

José Tomé Roca destacou que a oferta musical está pensada para tódolos públicos: “o que pretendemos coas festas que deseñamos é animar ós monfortinos a saír das súas casas e ir ó recinto da festa. Por outra parte, o noso obxectivo é conseguir que a xente dos concellos limítrofes se anime tamén a visitar a nosa cidade para gozar das actuacións programadas”. O Alcalde quixo subliñar que se trata de orquestras de primeiro nivel e que, de seguro atraerán un elevado número de visitantes. Tomé Roca manifestou que “enfocamos as Festas Patronais como un investimento, posto que van ter unhas consecuencias moi positivas para o comercio e para a hostalería”.

Actuacións programadas Festas de Monforte de Lemos

11 de agosto --- Lucía Pérez. Lugar: Praza de España.

As seguintes actuacións serán na Compañía:
12 de agosto --- Grupo Montreal e Orquestra Charleston
13 de agosto --- Grupo Hiroshima e Orquestra Olympus
14 de agosto ---Grupo América e Orquestra Tango
15 de agosto --- Grupo Limón e AURYN
16 de agosto --- Orquestra Gran Casino e ANTONIO OROZCO