lunes, 11 de julio de 2016

Programa festas Virxe do Carme 2016

Festas do Carmen 2016 Marin

Programa Festas do Carmen 2016 en Marin


O mércores 13 será a quenda de Cinema Orquesta e xa o xoves 14, despois da tradicional Batalla de Flores, a música correrá a cargo de Marbella.

O venres 15, ás 23.00 horas, no parque Eguren, visitan Marín Los Supersingles, parte imprescindible do programa de televisión de María Teresa Campos Qué tiempo tan feliz, e despois "A Idade de ouro do Pop Español", cos cantantes Alberto Comesaña, de Amistades peligrosas, Joaquín Padilla de Iguana Tango e Pablo Perea de La Trampa, cun repaso aos mellores temas dos 80. Ao día seguinte, sábado 16, será a quenda da Orquestra Miramar.

A isto hai que sumarlle o memorial de Antonio Fernández da Asociación Os Chaneiros, o concerto da Banda de Música municipal de Cangas, as actividades do Carme en Seixo, o festival folclórico Airiños de San Xulián, a romaría popular de Trompos os pés, e dous festivais, Marín Vivo e Mariña Fest.