martes, 26 de julio de 2016

Sesión de chill out en Vilagarcía de Arousa

As sesións de chill out “Ás 9 na praia” regresan á Concha do 27 ao 31 de xullo

As sesións de Chill Out regresan á praia da Concha da man do programa “Ás 9 na Praia” promovido pola asociación de hostaleiros Ahituvi coa colaboración da concellería de Promoción Económica e Turismo. 

Pasar un agradable e relaxante rato de esparexemento gozando da espectacularidade dos solpores sobre a Ría cos música de fondo e saboreando un cocktail ou refresco é o obxectivo da iniciativa que conta cunha excelente acollida por parte de vilagarciáns e turistas. As sesións desenvolveranse do 27 ao 31 de xullo e contarán con DJs, exhibicións de coctelería, carpa de masaxes e oficina de turismo

Os cócteles terá nun prezo de 4 euros, os combinados sen alcohol 3, as cervexas 2 e auga 1 euro.
Haberá catro carpas: dúas para servira s bebidas, unha par aos micromasaxes ofrecidos por Arrullos del Agua e a última na que se ofrecerá información turística e da oferta lúdica e cultural da que dispón Vilagarcía durante estas datas.

O Chill Out na praia desenvolverase na praia da Concha dende as 21:00 horas eta as 00:30, hora á que quen o desexe pode continuar coa diversión nos locais hostaleiros da localidade.
Cada xornada de “Ás 9 na Praia”contará coa música que se encargarán de pinchar varios Djs da zona. O programa é o seguinte:

Mércores 27: Moncho lemos (“Fondos Reservados” , Radio Galega).
Xoves 28: Pedro Falcón.
Enres 29: Sabela Cereijo & Isaac Garabatos (en directo). Concerto patrocinado por Vepersa.
Sábdo 30: Toni B. Willis
Domingo 31: K DJ