viernes, 12 de agosto de 2016

Donde ver las Perseidas en Galicia

Perseidas en Galicia 2016 los mejores lugares para ver la lluvia de estrellas

Espectacular como siempre las Perseidas, estrellas fugaces en el cielo como las de San Lorenzo que son pequeñas partículas de polvo, algunas menores que granos de arena, que van dejando los cometas o asteroides a lo largo de sus órbitas alrededor del Sol. 

10 lugares que nos proponen desde Gciencia para poder observar las Perseidas en Galicia

Observatorio de Forcarei: a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura organiza, en colaboración co grupo de Aficionados á Astronomía do Observatorio de Forcarei e a asociación Astrovigo unha xornada de portas abertas con varias actividades divulgativas que comezará o venres 12 ás 21.30 horas.

Punta Nariga (Malpica): o entorno deste faro, situado ao oeste da vila de Malpica, é un recuncho moi prezado para os amantes da astronomía e a astrofotografía debido á ausencia de contaminación lumínica na zona.

Chandebrito (Nigrán): o concello de Nigrán organiza en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos unha ruta polo castro de Chandebrito que rematará coa observación astronómica. Será o venres 12 a partir das 19.30 horas.

Alto de Fontefría (A Cañiza): este monte acollerá o xoves 11 a partir das 23 horas unha saída de observación dirixida pola agrupación astronómica Rías Baixas.

A Veiga: o concello ourensán estrea o seu recoñecemento como destino Starlight (caracterizado por ceos libres de contaminación lumínica) cunha celebración que terá lugar o sábado 13. Haberá cea, charlas, música e observación das estrelas.

Illas Atlánticas: O Parque Nacional é, xunto á Veiga, o único destino Starlight de Galicia. Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes son lugares idóneos para contemplar as Perseidas. O xoves 11, a navieira Nabia organiza unha travesía ata as Illas Cíes saíndo desde Vigo ás 23.30 horas.

Area de San Xoán (Guitiriz): A este municipio lucense, situado nunha zona separada de grandes focos de contaminación lumínica, desprazaranse máis dun cento de persoas da man da Agrupación Astronómica Ío, con base na Coruña. Aínda quedan prazas vacantes, e tamén é posible desprazarse á zona por medios propios. O autocar sairá o venres 12 ás 23.30 horas da Coruña e pódese reservar praza neste enlace.

Oia: o concello, A Agrupación Astronómica Rías Baixas e a asociación Costa dos Castros organizan unha xornada de astronomía e arqueoloxía o xoves 11. Ás 23.30 visitaranse os petróglifos da Pedreira e a continuación terá lugar a observación das Perseidas desde o Curro da Valga. Máis información, neste enlace.

Lobios: o sábado 13 á noite, a agrupación Rías Baixas tamén ten prevista unha observación na Capela do Xurés, neste concello ourensán, tamén alonxado da contaminación lumínica.

Monte Gaiás (Santiago de Compostela): o observatorio Ramón María Aller da USC organiza o venres 12 unha visita astronómica na Cidade da Cultura, no Monte Gaiás, onde haberá charlas sobre este fenómeno.