domingo, 7 de agosto de 2016

Festa do demo Pontevedra

Festa do Demo en Pontevedra o 23 de agosto

A lenda conta que na noite da véspera de San Bartolomeu, o demo que o santo ten atado en curto, logra fuxir e anda pola cidade atormentando as persoas que atopa no seu camiño. Mais os tempos mudan, e vestido de vermello e cun tridente na man, o Demo percorrerá as rúas e prazas do casco histórico facen-do burlas, xogos e trasnadas cun séquito de demiños e anunciando a súa chegada con música e petardos.



12:30 h. Saída do Demo e do seu séquito dos Arcos de San Bartolomeu para percorrer as rúas e prazas do centro histórico.

20 h. A comitiva do Demo volve percorrer a cidade facendo burlas, xogos e trasnadas.

21 h. Concerto de San Bartolomeu a cargo da Banda de Música de Salcedo, na praza de Jose Martí.

21:30 h. Foliada do Demo. Orquestra Fiadeiro e Os Chichisos, na praza de Curros Enríquez.