jueves, 11 de agosto de 2016

Festa do Polbo Bueu

XVII FESTA DO POLBO BUEU , CON DEGUSTACIÓNS E DIVERSAS ACTIVIDADES

Del 12 al 15 de agosto

Os postos gastronómicos estarán abertos o venres 12 de agosto, de 19.30 a media noite, o sábado e domingo de 11.30 a 16.30 e de 19.30 ata media noite, e o luns, de 11.30 a 16.30. Os custes das especialidades serán de 5 e 7.50 euros e a novidade con respecto a anos anteriores é que non haberá stand do Concello, polo que o polbo á feira pode degustarse en calquera dos establecementos participantes. Ademais, as variedades ofertadas serán de parte do Nuncia, garavanzos con polbo, croquetas de polbo, láminas de pataca con polbo, e arroz con polbo e salsa de allo; o Rosa de los Vientos, terá un guiso de arroz con polbo, polbo con fabas de Lourenzá, polbo frito, polbo á prancha, croquetas de polbo á feira, paté de polbo e empanada de millo; e o Rincón de Cela, fará as delicias co carpazzo de polbo con ovos de ourizo de mar, polbo en caldeirada, polbo á prancha e empanada de millo.
Xa o mesmo día de inicio, en torno ás 21 horas, está organizada unha actuación do grupo buenense Retrouso de Cela. O pregón será o sábado ás 12 horas a cargo de Isabel Risco, actriz e humorista, que ten participado en galas e diversos programas de humor. O venres e sábado terá lugar o Mercado temático da conserva no primeiro andar da Praza de Abastos, en horario de 10 a 14 horas, cunha serie de expositores e diversos obradoiros.
A programación da Festa do Polbo inclúe outras actividades, sendo o domingo o día forte, xa que a compañía Limiar Teatro presenta ás 19 horas “A lingua na boca”, un espectáculo no que se presenta de xeito ameno a biografía de Castelao, actividade inserida no Ano Castelao da Deputación de Pontevedra, tal e como salientou o deputado Xosé Leal.
Outra das actividades estrela é a do grupo folk Treixadura, que porá a música a este evento gastronómico a partir das 22 horas do domingo.