Musical La Familia Addams en Vigo

Musical La Familia Addams en Vigo
Reserva tus entradas en Ataquilla.com

Festas San Roque Vilagarcía 2016

Festas de San Roque Vilagarcía de Arousa

Hoxe concerto de Hombres G

As Festas de San Roque arrancan co pregón de Alonso de la Torre, o Festiclown e o concerto de Hombres G

Vilagarcía súmese a partir de hoxe xoves, 11 de agosto, nunha voráxine festiva que encherá a cidade de actividade, ledicia e divertimento da noite á mañá. A xornada inaugural contará co colorido, o humor e a solidariedade do Festiclown, o pregón do xornalista José Ramón Alonso de la Torre, e o concerto de Hombres G.

A programación festiva comezará de mañá cunha sesión solidaria do Festiclouwn que terá lugar a partir das once da mañá no Hospital do Salnés a onde varios membros da do colectivo Pallasos en Rebeldía se desprazarán para animar ás persoas ingresadas no centro. Pablo Muñoz e Peter Punk serán os dous artistas encargados de facer brotar o sorriso aos pacientes.

Xa ás doce do mediodía o Festiclouwn plántase no centro da cidade co Desclowntrol nas Rúas, o ciclo que comeza coa animación do Trío Refugallo que presenta “Ritmo Refugallo”, unha nova proposta da man dos membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen medo que mestura clown música sobre instrumentos feitos de materiais de refugallo, participación e interacción co público. Trátase dun novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo.

Media hora máis tarde, ás 20:30, os actos trasládanse á Praza de Ravella onde o profesor e xornalista José Ramón Alonso de la Torre Núñez, gran coñecedor de Vilagarcía e das súas xentes como xa demostrou durante os anos que asinaba a columna “El Callejón del Viento” na Voz de Galicia, inaugurará oficialmente as festas deste ano coa lectura do pregón. 

Xusto ao rematar o pregón, ó redor das 21:00 horas, as agrupacións sociais, culturais e musicais presentes en Ravella, protagonizarán o desfile ata a Igrexa Parroquial de Santa baia onde se procederá á ofrenda floral ao Santo patrón, San Roque.

A música porá o colofón á primeira xornada de festas e será coas míticas cancións de Hombres G que tanto fixeron bailar e cantar dende os anos 80. A lendaria banda liderada por David Summers interpretará o seu pop desenfadado e sen complexos que segue facendo as ledicias dos milleiros de seguidores cos que conta o grupo do que tamén forma parte Javi, Dani e Rafa. “Venezia”, “Sufre Mamón”, “Voy a pasármelo bien”, “Marta tiene un marcapasos” ou “El ataque de las chicas cocodrilo” son algúns dos temas que se escoitarán esta noite na Xunqueira.
A entrada é libre e de balde.