miércoles, 17 de agosto de 2016

Festival Revenidas Vilaxoán e Vilagarcía de Arousa 2016

Vilaxoán e Vilagarcía de Arousa agardan o comezoda edición máis ambiciosa do Revenidas 2016

Logo de trece anos da Festa gastronómica e musical máis importante da Ríade Arousa, o Porto mariñeiro de Vilaxoán, agarda con impaciencia as milesde persoas nunha das citas de referencia dos festivais galegos

23 concertos de pago no recinto pechado e 35 actividades de balde para todos os públicos cun especial interese na programación infantil

O Festival das Línguas arrinca este venres 19 de agosto coa primeira das tres xornadasdo festival. No porto de Vilaxoán e no seu entorno comezaron xa os preparativos paraacoller este fin de semana a cita máis importante do ano desta vila mariñeira. Tres díascon 23 bandas en directo e con 35 actividades de balde entre as que destacan a Gala Solidaria Refuxiad@s Revenidas, deseñada para o público familiar, o Xoubiñas Festi, con actuacións escénicas e musicais para os nenos e nenas, así como actividades naúticas,pasarrúas, obradoiros e a Feira Revenida, con produtos culturais, creatividade e artesaníagalega. E por suposto, tamén haberá a Gran Sardiñada Popular Revenidas evento quedeu orixe ó Festival, última das sete citas imprescindibles dos Festivais Rías Baixas.

O  Festival das Línguas terá 23 concertos no recinto de pago con bandas procedentes deGaliza, Asturies, Madrid, València, Cataluña, Euskadi, Navarra, Brasil, Austria, Rusia, Romaniaou Italia. 

Unha combinación de sotaques e estilos musicais como o gipsy brass, balkan,groove, ska, punk, rock, funk, garage, rap, hip hop, dance hall, reggae, dub, polka, cumbia,latina, pop, fusión, folk ou electrónica. O Escenario Mahou e o Escenario Festivais Rías Baixasacollerán destacadas bandas internacionais como o máis coñecido rapeiro e activista social doBrasil, Gabriel o Pensador, os italianos Talco, os austríacos de orixe rusa Russkaja e abanda máis importante de gipsy da actualidade Fanfare Ciocarlia. Entre os grupos españoisdestacan La Raíz, Aspencat, Itaca Band, ZOO, La Kimbala e Juantxo Skalari & LaRude Band.Revenidas16 voltará ser o festival de pago que máis música en galego programa.Algunhas das mellores bandas galegas da actualidade presentarán novos traballos comoFamilia Caamagno, Malandrómeda, Cuchufellos e Os Tres Trebóns compartirán escenarios con novos grupos participantes do Concurso de Música Emerxente Revenidas.Ezetaerre da Coruña, de Lombaos de Santiago e Os Vacalouras de Vigo estrearansenun grande festival por primeira vez. Ata este xoves podense mercar entradas en vendaanticipada por internet ou en locais espallados por Galiza. 

Os prezos son de 33 euros obono dos tres días,O venres dará comezo a apertura dos espazos do festival, o Parque de DonaConcha, as tres zonas de camping, así como outros espazos situados no entorno dofestival, con foodtrucks, recuncho Dub, photocall e moitas máis sopresas. O programa daRadio Galega A Tarde desprazarase ata Vilaxoán para realizar o programa en directo desde as 16h. Unha hora despois haberá unha intervención gráfica dentro da conmmemoración do Ano Castelao e as 20 horas comezarán os concertos.

O sábado a gastronomía será protagonista do festival. Un día grande en Vilaxoáncoa Gran Sardiñada Popular Revenidas, que reunirá no Parque de Dona Concha amiles de persoas para degustar á sombra das arbores máis dunha tonelada de sardiñaselaboradas coa antiga receita revenidas, propia de Vilaxoán.A Zona Mahou acollerá por primeira vez unha prosposta gastronómica a cargo doschefes Inés Abril e Alberto Gónzalez dos prestixiosos restaurantes con EstrellaMichelín, Maruja Limón de Vigo e Silabario de Tui, respectivamente.

 O sábado a partirdas 14 h. presentarán unha proposta moderna e innovadora da sardiña revenida. As súasinterpretacións da raíña gastronómica do festival poderánse degustar ata que se rematenas 500 racións e compartiranse co público asistente de balde.Pola tarde a Gala Solidaria Refuxiad@s Revenidas de balde e aberta a todas asfamilias acollerá unhas divertidas e animadas actuacións co mestre de ceremonias PeterPunk que presentará as acrobacias de Kanbahiota: La Coguette, o premiado JaviJavichi e o seu espectáculo “Veló como el rayo”, o humor e complicidade de DJuggledycon “Diábolo” e o humor e a múisca do Musicólogo. Ademais haberá obradoiros eactividades na Feira Revenida, na que se xuntarán artistas gráficos, editores,discográficas, coleccionismo, artesáns, deseñadores, xoieiros, ilustradores, libreiros,comercio xusto, asociacións culturais, organizacións políticas e creativos de moda ecomplementos. A Feira permanecerá aberta de balde das 12 a 24 horas, o sábado e odomingo.

E o domingo terá lugar unha das novidades desta edición, o Xoubiñas Festi, conconcertos e música para os e as pequerrechas das familias. Polo correo do Vento,Chuches Amil, Mr. Cool, Bloquinho Aperta e os Títeres Crebanoces