Musical La Familia Addams en Vigo

Musical La Familia Addams en Vigo
Reserva tus entradas en Ataquilla.com

Jardín Botánico en Culleredo

XARDÍN BOTÁNICO RÍA DO BURGO. AULA DA NATUREZA “JUAN LEMBEYE”

Localización: Avda. Xoán Carlos I, s/n. Paseo Marítimo do Burgo. O Burgo – Culleredo.

Horario:

Luns a venres: 18:00 a 21:00h (verán) e 16:00h a 19:00 (inverno).
Sábado: 12:00h a 14:00h e 16:00h a 19:00h.
Teléfono: 981 190 016


O Xardín Botánico Ría do Burgo atópase no Paseo Marítimo do Burgo, á beira da ría, cunha extensión de 50.000 m2. Este espazo acolle unha gran variedade de especies autóctonas e tamén recrea  un xardín ao estilo dos pazos galegos, así como pequenos xardíns tradicionais de  distintas partes do mundo. Conta cun invernadoiro, un parque infantil e unha lagoa que se enche coa subida da marea.

Dentro do Xardín Botánico está a Aula da Natureza “Juan Lembeye” onde se realizan numerosas actividades medioambientais e culturais.