martes, 16 de agosto de 2016

Mañana Simulacro del naufragio de Laxe

Laxe en Festas, simulacro naufragio

As festas patronais de Laxe (do 14 ó 17 de Agosto) son unhas das máis concurridas da comarca. A estas festas acuden moitísimas persoas e cada ano o seu número vai en aumento.

14 de Agosto: Festa en honor a Virxe da Milagrosa.

15 de Agosto: Festa en honor a Virxe da Atalaia.

16 de Agosto: Festa en honor a San Roque

17 de Agosto: Festa en honor a Virxe do Carme. Con motivo da devoción a esta virxe celébrase unha procesión marítima pola ría, presidida por unha das tradicións máis populares da vila, "O Simulacro do Naufraxio", que se ven celebrando dende fai bastantes anos por iniciativa do mariñeiro laxense Abelino Lema Santos.