miércoles, 17 de agosto de 2016

Presume de Ferrol

Todos e todas os ferroláns e ferrolás que queiran ser os protagonistas do vídeo que este ano abrirá as festas de Ferrol e servirá para promocionar a cidade poderán achegarse HOXE MÉRCORES, ao Cantón de Molíns, a explicar en frases breve o seu “orgullo” de cidade, de ser e de vivir en Ferrol.


O vídeo proxectarase na praza de España o día 25 como arranque dos festexos, e sustituirá á figura tradicional do pregoeiro pola de todos aqueles que queiran así reivindicar por que Ferrol “é a mellor cidade do mundo”. Así o explicaron os edís de Festas, Germán Costoya, e de Turismo, Bruno Díaz, que impulsaron esta iniciativa.

Para obter a maior participación posible, o vídeo gravarase HOXE MÉRCORES 17, NO CANTÓN DE MOLÍNS. Será pola mañá de 10:30 a 13.30 e pola tarde de 18:00 a 20:30.