miércoles, 3 de agosto de 2016

Visitas Guiadas Arqueología Playa de A Lanzada

A Deputación de Pontevedra organiza dúas visitas guiadas diarias ó xacemento da Lanzada

As persoas interesadas poden atender, sen cita previa e de balde, as explicacións do equipo técnico da institución de luns a venres ás 11:00 e 12:15

Desde o comezo da intervención arqueolóxica da Deputación de Pontevedra no xacemento do Campo da Lanzada, en Sanxenxo, foron moitas as persoas que acudiron ata a área arqueolóxica para ver, in situ, traballar ó equipo de máis de 20 especialistas da institución que están a recuperar e poñer en valor o patrimonio histórico da provincia. 

Co fin de atender correctamente ás persoas interesadas en descubrir parte da historia das Rías Baixas e permitir que o equipo técnico poida continuar a realizar o seu traballo, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha dúas quendas diarias de visitas, gratuítas e sen cita previa, de luns a venres ás 11:00 e 12.15.

A Lanzada trátase dun xacemento fundamental para coñecer o mundo da Idade de Ferro no noroeste peninsular e a importancia das relaciones comerciais que desde este lugar se establecían con Palestina, Italia ou Tunisia, que situaban ó asentamento nos circuítos comerciais daquel momento. 

A intervención arqueolóxica que está a desenvolver a Deputación de Pontevedra, no marco do protocolo asinado co Ministerio de Fomento, se está centrando no que parecen dúas ocupacións da época romana pero tamén se van realizar varias sondaxes para poder visualizar e definir a extensión do xacemento e comprobar se era unicamente unha factoría de sal (a primeira do noroeste peninsular), un castro diferente por non ter defensas, unha vila romana, un punto de control marítimo ou incluso tratar de localizar o Mosteiro de Santa María de Lanceaca, do século VIII d.C.