miércoles, 3 de agosto de 2016

Visitas teatralizadas ó Mosteiro de Rocas

Visitas teatralizadas al Monasterio de Rocas 

Do 6 de agosto ao 17 de setembro, ás 22.00 horas.

A trama das visitas remóntase ao século XII cando un cabaleiro medieval busca sosego espiritual neste Mosteiro. En soños, a figura dun dos seus lendarios monxes sérvelle de guía para facer un percorrido pola historia dun cenobio singular e os seus moradores. A representación consta de aproximadamente sete escenas, e a clave destas visitas é "a interactuación, para que os espectadores coñezan máis o conxunto, a súa historia, e a cultura galega, cunha duración aproximada de 55 minutos, nas que poderán participar en cada representación un grupo de 25 persoas para que sexa doado interactuar".As visitas comezan na explanada do mosteiro coa recepción aos espectadores, onde se lle fará entrega a cada un deles dunha vela que conservarán durante a primeira parte da función.

Todos os interesados en asistir a estas visitas, poderán facelo de forma gratuíta inscribíndose previamente no número de teléfono do Concello de Esgos (988-290-000), ou no número de teléfono do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" (988-317-895).