domingo, 21 de agosto de 2016

XIX Festival Internacional de Jazz de Cangas 2016

Entre os vindeiros domingo 21 e mércores 24 de agosto as rúas, prazas e locais do Casco vello cangués, convertirán como cada agosto, no epicentro galego do mellor Jazz contemporáneo.


Tomando como base o mellor jazz das dúas beiras do Miño, nos que seguimos afondando tanto para os concertos de medio día, como de noite e nas sesións Jam de madrugada, poñemos o foco no jazz que se está a crear arestora, nos centros da escena europea e internacional do xénero, Amsterdam e Nova Iork. 

Cabe destacar a alta porcentaxe de músicos galegos, Convertido nun certame icónico patrimonio de todos, este segue a crecer ano tras ano, para que veciños e forasteiros, participen con ledicia das múltiples actividades a pe de rúa para todas as idades, de balde da mañá á noite, nun certame cunha atmosfera máxica de seu. -o- No eido artístico, destaca que dos catro concertos nocturnos do Costal, dous son proxectos galegos de primeiro orde. 

O domingo contaremos co grupo de Carlos López, creador moi activo que vén presentar as conclusións musicais de dous anos de periplo europeo, na compaña de catro músicos destacados na escena jazzística de diferentes cidades continentais. A segunda velada correrá a cargo do dúo formado polos holandeses Reinier Baas e Ben Van Gelder, quenes a pesar de ser moi novos xa son recoñecidos coma uns dos músicos de maior proxección a un e outro lado do Atlántico. 

 O martes será a quenda do trío da pianista armenia Liya Grigoryan. A súa proposta musical combina influenzas do jazz actual con texturas rítmicas de outras tradicións non occidentais. Por último, na derradeira noite do Canjazz 2016 contaremos ca participación de tres dos máis importantes músicos galegos de jazz da nova xeración, Dani Font, David Puime e Pablo Patiño, xunto a estrela internacional orixinaria de Estados Unidos, o saxofonista Bill McHenry. Ao respecto dos concertos de mañá, que terán lugar á unha da tarde en catro espazos diferentes. 

O domingo 21, por cuarta e última vez, iniciamos o festival cun concerto na rúa Cega, incluído no Ciclo Lentejazz da Taberna O Rincón, ca pre estrea do segundo disco do cuarteto de Miguel Ângelo, “A vida de X”. O luns 22, vai actuar na terraza do Restaurante Menduiña, un cuarteto creado ex profeso para a ocasión, liderado polo galego Fernando Sánchez e o gaditano Bruno Calvo. 

 O martes 22 retornamos á zona vella, á Praza do Arco, co trío do pianista vigués afincado en Nova Iork, Yago Vázquez. O peche das mañás, o mércores 24, farémolo por todo o alto, cun concerto da banda The Alley Stompers, no que haberá unha clase de baile Lindy Hop patrocinada polo colectivo Ghastas Pista Swing, e impartida polos mestres da escola Swing On.