martes, 6 de septiembre de 2016

Exposición en Arteixo de Juan Antonio Agra

As "Estampas Galaicas" de Juan Antonio Agra poderán verse en Arteixo por primeira vez


Durante todo o mes de setembro poderase visitar na sala de exposicións do CCC de Arteixo unha colección de máis de 30 obras deste artista coruñés

A mostra recolle unha selección de obras pictóricas nas que define con precisión paisaxes, lugares e monumentos emblemáticos de Galicia. Entre eles algúns lugares de Arteixo como o Porto de Sorrizo ou os igrexarios de Loureda e Morás.

A exposición poderase visitar de luns a venres en horario de 10:30 a 14:00 h e a partir do 15 de setembro tamén de 16:30 a 20:00 h (os sábados de 11:00 a 14:00 h.