viernes, 30 de septiembre de 2016

FITO Ourense 2016

FITO 2016 festival internacional de teatro en Ourense

Programación y venta de entradas

O outono é a estación das cores no campo, das noites que medran, das chuvias reparadoras e do teatro. Comezan as tempadas, as estreas, as programacións e como non, o FITO. E este é o noveno FITO, un número máxico, como máxica, espectacular e interesante é a súa programación. Preparámolo con querenza e coidado para que sexa do agrado de todos os ourensáns e ourensás e todos e todas que se acheguen á cidade de Ourense, a Auria universal. Compañías galegas, nacionais e internacionais estarán do 7 ao 19 de outubro compartindo escenarios e amosando o seu traballo artístico a uns espectadores e espectadoras críticas, afeitas á nobre arte do teatro. 

Para destacar algo na programación, temos que falar de todas as compañías, pois todas son merecedoras. Os daneses Granhøj Dans, que volven ao FITO coa súa poética nos movementos. Dúas das compañías que nos acompañan no festival son Premio Nacional de Teatro, como Atalaya e Chévere. Atalaya coproduce co CDN a obra de Federico García Lorca, Así que pasen cinco años, poesía e imaxes feitas teatro, xusto cando se cumpren oitenta anos do asasinato do poeta. Chévere achéganos as Fillas bravas, fillas das mulleres galegas, matriarcas do saber popular e da retranca. 

Outras compañías a destacar son Lagartijas Tiradas al Sol, de México, cun relato sobre as comunidades menos coñecidas da súa sociedade. La Llave Maestra vén dende Chile para falarnos de viaxes por pracer ou por necesidade, do ser humano nómade. Bravo Teatro, que cun texto dun dos mellores dramaturgos contemporáneos, David Mamet, conta no elenco a José Sacristán, considerado pola AFI (American Film Institute) como un dos vinte e cinco mellores actores do mundo.

Los Hedonistas cun traballo de investigación profundo e rigoroso e a compañía Rolabola, co Circo Mediterráneo, un espazo ao aire libre, para soñar co circo, mesturando o tradicional e o contemporáneo. A Companyia Pelmànec trae unha revisión de El avaro actualizada, onde a auga cobra protagonismo.

Unha estrea do laboratorio creador de Chévere, a Berberecheira, e compañías galegas moi premiadas e apreciadas como Matarile Teatro, que este ano celebra o seu trinta aniversario e outra máis nova, pero prometedora e xa premiada, A Panadaría. 

Dentro das actividades paralelas, este ano celebraremos o segundo encontro de Mulleres Creando, con profesionais galegas e estranxeiras do ámbito da cultura e das artes. Terá como protagonista a danza, linguaxe artística que alimenta o espírito. Mulleres que programan, mulleres que danzan, que interpretan, mulleres que crean un mundo máis xusto e igualitario.


VENRES 7


 20’30 TEATRO PRINcipal 
COMPAÑÍA: COMPANYIA PERMÀNEC (CATALUNYA)
ESPECTÁCULO: El avaro

SÁBADO 8

 19'00 PARQUE BARBAÑA
COMPAÑÍA: ROLABOLA (ANDALUCÍA)
ESPECTÁCULO: Circo mediterráneo

 20’30 TEATRO PRINcipal
COMPAÑÍA: GRANHØJ DANS (DINAMARCA)
ESPECTÁCULO: Petrushka-Extended

MARTES 11

 20'30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: LOS HEDONISTAS (MADRID)
ESPECTÁCULO: Cena de pájaros

MÉRCORES 12

 20'30 AUDITORIO MUNIcipal
COMPAÑÍA: CHÉVERE (GALICIA)
ESPECTÁCULO: As fillas bravas

XOVES 13

 20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: A PANADARÍA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Pan!Pan!

VENRES 14

 23'00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: ATALAYA (ANDALUCÍA)
ESPECTÁCULO: Así que pasen cinco años

SÁBADO 15


 20'30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: mATARILE TEATRO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Antes de la metralla, forcejeos, humedades y estrategias tácticas teatrales

DOMINGO 16

 19'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: LA LLAVE MAESTRA (CHILE)
ESPECTÁCULO: Nómadas

 21'00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: LAGARTIJAS TIRADAS AL SOL (MÉXICO)
ESPECTÁCULO: Santiago Amoukalli

MARTES 18

 20'30 ANTIGA CAPELA DO CAMPUS UNIVERSITARIO
COMPAÑÍA: BERBERECHEIRA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Goldi libre

MÉRCORES 19

 21'00 Auditorio MunicipaL
COMPAÑÍA: BRAVO TEATRO (MADRID)
ESPECTÁCULO: Muñeca de porcelana


VENDA DE BILLETES 
Nos despachos do Auditorio Municipal e do Teatro Principal dende o primeiro día do Festival, para todos os espectáculos programados nese espazo.

HORARIOS DO DESPACHO DE BILLETES
Auditorio Municipal (988 391 290): 2 horas antes do comezo dos espectáculos
Teatro Principal (988 317 960): De 12'00 a 14'00 e 1 hora antes do comezo dos espectáculos
Antiga Capela do Campus Universitario: 1 hora antes do comezo do espectáculo.

TARIFAS
Prezo dos billetes 8€. 
Estudantes, xubilados e persoas en situación de desemprego 4€. 
3€ no Campus Universitario. 
De balde os espectáculos e animacións de rúa.