jueves, 8 de septiembre de 2016

Nueva web oficial de Turismo de Viveiro

NOVA WEB OFICIAL DE TURISMO DE VIVEIRO

A web está dispoñible,  en www.viveiroturismo.com e en www.viveviveiro.com, podende acceder a ela, tamén, dende a web municipal que segue apostando polo turismo en xeral e pola promoción turística de Viveiro en particular.

A nova web dá información clara e concisa dos distintos valores turísticos de Viveiro, con tecnoloxía actualizada, dunha maneira visual e xeoreferenciada.

A nova web é unha web “responsive” (os contidos adáptanse para ser vistos e aproveitados dende calquera dispositivo de entrada, xa sexa PC, tablet ou móbil).

Con esta nova web damos un gran salto cualitativo na promoción de Viveiro no seu conxunto e poñemos en mans do sector, dos visitantes e turistas unha ferramenta de xeoposicionamento dos valores turísticos de Viveiro e incluso do entorno. A web aproveita a tecnoloxía máis usada en internet, a de Google, que permite posicionar por GPS os distintos valores ou recursos turísticos, permitindo aos usuarios da web descargar os recursos nos seus dispositivos podendo calcular a súa distancia e a ruta para poder chegar a eles sen erro ningún.

A xeoreferenciación dos valores, recursos turísticos, rutas, aloxamentos e servizos fan de Viveiro un destino intelixente.