jueves, 22 de septiembre de 2016

Visita o castelo de Pambre en Palas de Rei

É o mellor exemplo de arquitectura militar medieval de Galicia. Construído por Gonzalo Ozores de Ulloa cara o ano 1375, sobre un escarpado penedo, as beiras do río Pambre que exerce de defensa natural.

As visitas ó castelo de Pambre comenzarán o martes 27 de setembro para o público e serán gratis ata finales deste ano. A partir do próximo estableceráse un precio pola entrada.

Será de xestión municipal, en convenio col Xacobeo, e para poder visitalo será necesario realizar unha reserva na web do Concello de Palas http://www.concellopalasderei.es/

O castelo é de planta cadrada, cercado por unha muralla de planta irregular que se adapta ao terreo. Os muros son de cachotaría e sillaría de granito. O edificio central fórmano a torre, de planta cadrada, flanqueada por outras catro de menor tamaño, tamén cadradas, e comunicadas entre sí por unha muralla.

No centro, sitúase a torre mestra que ten planta cadrada, de 11 m de lado, e tres plantas. A primeira é cega; a segunda elévase uns cinco metros do chan e existen vestixios que permiten imaxinar unha ponte interior que comunicaría esta planta coa muralla, a través dunha porta con arco apuntado e escudo de armas dos Ulloa; na terceira planta hai unha ventá grande de arcos oxivais. Todas as torres están almenadas en beiril con ameas en punta ou triángulo.

Accédese ó patio interior por un portalón adintelado practicado na muralla. No interior consérvase un cabazo de catro aires colocado en parte sobre a cortina exterior. A cortina exterior, adaptada á configuración do terreo, ten unha espesura de 2 a 2,5 m. chegando na zona da porta aos cinco metros. Esta porta de acceso ten arco de volta perfecta co escudo de armas da familia Ulloa na clave. Á dereita da entrada atópase a capela de San Pedro construída a finais do século XII.

O Castelo de Pambre foi un mito dentro da loita irmandiña contra a nobreza da época, que logo engrosou López Ferreiro coa súa novela “O castelo de Pambre”. Localizado en Pambre (Palas de Rei, Lugo) foi a única fortaleza que resistiu á revolta irmandiña de 1467.