Noite Meiga Ribadavia 2016

Un ano máis chega a Noite Meiga a Ribadavia unha festa que se realiza  nesa data pola razón propia que sinala a tradición a celebración do SAMAIN é a festividade de orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo.


Este ano terá lugar o sábado 29 de outubro

Actividades previstas:

DESFILE


Realizase polas principais rúas de Ribadavia, os voluntarios van acompañados dos grupos de animación, percusionistas, carrozas...

MERCADO MEIGO

Onde se poden degustar doces meigos e pócemas máxicas, tanto para adultos como para nenos, e tamén cadeliños quentes.

BAILE DE FEITICEIROS

Actividade para nen@s onde realizan o baile meigo e tamén andan á procura da pócema segreda, a vez que gozan dun ambiente máxico e distinto.

PASAXE DO TERROR

Realízase nos túneles do Castelo de Ribadavia, sendo unha das actividades con máis participación de voluntarios e con máis afluencia de público.

AQUELARRE DE MEIGAS

Danza de Meigas a luz da lúa, onde fan esconxuros para o desamor e contan a lenda do seu orixe, acompañadas polo grupo de percusión ``Os Tabaleiros da Istoria``.

QUEIMADA

A media noite espántanse os espíritos maliciosos cunha espectacular representación da nosa costume máis famosa. Coa colaboración de ``As Lajartas`` e o ``Teatro do Vilar``.

MAXIA

Nesta noite tampouco pode faltar a maxia, con espectáculos entretidos, divertidos e cheos de ilusión.

TEATRO

O teatro esta presente en varias actividades, ainda que se busca sempre unha actuación estelar que non defraude.

COCERTO FIN DE FESTA

Para rematar a festa, nada millor que un concerto, onde bailar para despedir unha gran festa.


Web oficial http://www.noitemeiga.es/