lunes, 31 de octubre de 2016

Pontedetapas Pontevedra 2016

Pontedetapas Pontevedra 2016 : pinchos, tapas, precios e establecementos participantes

Dende o 3 o 20 de novembro 

Un total de 52 establecementos hostaleiros da cidade de Pontevedra participan na nova edición de Pontedetapas: 

32 deles competirán por facerse co premio ao mellor bocado tradicional, 25 co premio ao mellor bocado creativo e 13 co de mellor cóctel. Ademais manterase o premio do público Tapa Pontevedra.

VER listado de locales participantes pontedetapas 2016

A nova edición chega con novidades: a posta en marcha dunha app propia, a incorporación dun xurado técnico que fará a preselección de tapas para o xurado profesional e o engarce do certame coa feira profesional Etiqueta Negra, Gourmet Galego e Innovación Inspiradora de tal xeito que o gañador da Tapa Pontevedra fará un showcooking no Gourmet 2017.

Pontedetapas 2016 terá lugar do xoves 3 de novembro ao domingo 20 de novembro, tres fines de semana completas, desde a hora de apertura do establecemento, ata as 14.30 horas (pola mañá) e ata as 22.30 horas (pola noite). Serán, pois, 18 días nos que degustar o mellor da nosa gastronomía local en pequenos bocados. Mantéñense os mesmos prezos que o ano pasado: 2 euros por tapa e 3 euros por cóctel.

Rendibilidade económica, visibilización dos negocios da hostalería local e demanda do público son as razóns que consolidan a Pontedetapas como cita obrigada coa gastronomía de Pontevedra no mes de novembro, subliña Anabel Gulías, responsábel municipal de Promoción Económica e da Cidade, a concellería que promove o certame. As cifras acadas na pasada edición falan por si soas: nos 11 días do concurso vendéronse 33.007 tapas e cócteles, un reconto feito a partir dos tickets de compra; as 32.082 tapas vendidas xeraron uns ingresos de 64.164 euros en tanto que os 925 cócteles supuxeron 2.775 euros.
Ademáis é unha moi boa ocasión para visitar e coñecer a cidade de Pontevedra para os turistas que buscan gastronomía e cultura.

Premio do Público. Tapa Pontevedra

Entre todas as tapas e cócteles presentados, o público outorgará mediante votación popular o Premio do público “Tapa Pontevedra”, á proposta que máis represente a esencia da nosa cidade: no sabor, no aroma, nos produtos empregados…

O público emitirá os seus votos a razón dun único voto por tapa ou cóctel consumido, durante os días de celebración do evento, do 3 ao 20 de novembro. Poderá votar a través dun cupón de votación, en formato papel, ou a través da app Pontedetapas.

A Tapa Pontevedra será a que represente á cidade de Pontevedra na terceira edición de “De tapas por Galicia”, o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da Comunidade entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes urbes galegas.

O Premio do Xurado

Un xurado técnico, comandado polo CIFP Carlos Oroza, analizará as receitas, degustará todas as tapas presentadas a concurso e fará unha criba de 14 creacións (10 tapas e 4 cócteles) que serán as que probarán no establecemento candidato o xurado de Pontedetapas. Os nomes deste último xurado non se farán público ata finalizar o concurso.

O xurado Pontedetapas escollerá á mellor tapa tradicional, a mellor tapa creativa e omellor cóctel.

Este xurado estará composto por persoas do ámbito da hostalaría, o turismo, o xornalismo gastronómico, bloggers, intelectuais ou entidades relacionadas coa promoción enogastronómica.

A visita do xurado non se anunciará e poderá ser en calquera momento entre o rango horario especificado e pagarán as súas tapas como calquera cliente, como se fixo o ano pasado. A identidade dos seus membros darase a coñecer nun evento final ao remate do concurso.

Premio para o público

Mediante a súa votación, os clientes que consuman as tapas e cócteles a concurso poderán participar no sorteo de DOUS premios de 500 euros en vales para gastar no comercio/mercado local.

Un primeiro premio desenvolverase por extracción ao azar dun cupón en formato papel de entre a totalidade dos recibidos. O segundo premio outorgarase entre os clientes que voten a través da app Pontedetapas.

O sorteo de ambos os dous premios terá lugar nun evento final na Casa da Luz unha vez finalizado o concurso (data e hora por determinar).

O pasaporte

Volveremos a contar co Pasaporte Pontedetapas que garantiza un regalo seguro, (consistente nunha cea para dúas persoas valorada en 60,00 euros, a escoller entre todos os establecementos do concurso) a aqueles consumidores que o presenten selado por todos os locais participantes na Casa da Luz antes do día 30 de novembro de 2016.

Na web pontedetapas.eu está toda a información sobre os establecementos, horarios, fotografías das tapas…

App propia

Nesta edición contaremos cunha app propia, gratuíta para o usuario, sinxela e intuitiva. Desenvolvida para iOs e Android, a app Pontedetapas permitirá ver detalles dos locais e das tapas participantes, posicionándoos por xeolocalización no mapa. Ademais, tamén incorpora un sistema de votación popular, fiable e transparente, mediante a introducción de códigos (alfanuméricos e QR).

De entre todas as persoas que voten a través da app sortearase un premio de 500 euros para gastar no comercio e mercado local.