sábado, 1 de octubre de 2016

Ruta de pinchos en Carballo FIOT 2016

"Dálle un bocado ao FIOT" pinchos e tapas en Carballo.

 Un total de 14 locais hostaleiros e cafetarías da vila participan neste percorrido que invade de creatividade as tapas de Carballo os días de función de sala do Festival Internacional Outono de Teatro. Como cada ano, os bocados poden ser tapas a 2 euros, mais tamén almorzos a tres euros os días 2, 7, 9, 14, 16, 21, 22, 23, 28 e 29 de outubro. 

Entre todas as persoas que gocen coas delicias da ruta, sortearase unha noite de teatro para o FIOT de 2017, que consistirá en dúas entradas para asistir a unha das funcións do festival, ademais de cea, aloxamento e almorzo esa noite nun local carballés. A gañadora deste ano é Zoe Quintela Viña.

Como cada ano, o obxectivo da ruta é o de complementar unha das citas culturais máis importantes do ano en Carballo, unindo cultura e gastronomía e facendo así partícipes a todos os veciños e veciñas das funcións do FIOT. O Concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, quixo manifestar a súa satisfacción por que ata 14 locais queiran participar na iniciativa; o Alcalde, Evencio Ferrero, celebra que exista "esta simbiose entre escena, bar e economía que contribué a que o FIOT sexa algo singular".

A listaxe de locais participantes é a seguinte:

Cervexaría A Bombonera
Cafetaría Pazo da Cultura
A Barra Bar
Vinoteca Ánfora
Restaurante Oasis
Café Valle Inclán
Cafetaría Abastos
Cervexaría Dublín
Cafetaría Xorima
Cervexaría Ágora
Mesón A Cabaña
Mesón O Casino
Café Colón
Taller de Repostería Tomasa