viernes, 28 de octubre de 2016

Samaín 2016 en Vigo

O Concello de Vigo organiza actividades infantís para celebrar o Samaín 2016

A Porta do Sol e o Calvario acollerán o próximo luns día 31 pola tarde obradoiros, contacontos e animación na rúa para os nenos e nenas e un serán para toda a familia. Ademais o Museo Liste desenvolve esta semana actividades infantís. 

O alcalde convidou este xoves a todas as familias viguesas a celebrar a festa do Samaín na rúa co programa de actividades que ten previsto o Concello para o próximo luns día 31 de outubro. 

Na Porta do Sol, dende as 17:00 horas da tarde e ata as 20:00 horas haberá obradoiros infantís de preparación de cabazas, maquillaxe, manualidades e cociña "terrorífica"; dende as 19:30 do serán os máis pequenos da casa poderán gozar da contacontos Ana Carreira e, a partir das 19:30, haberá un pasacalles a cargo de Troula Animación, que comezará o percorrido no Farol de Urzáiz. 

O Calvario acollerá o próximo luns, entre as 17:00 horas e as 20:00 horas do serán, obradoiros infantís de elaboración de cabazas, lanternas, sombreiros, pratos e maquillaxe "de terror", amais de contancontos por Ana Carreira e, dende as 20:00 horas, un serán tradicional que recreará a Asociación folclórica e cultural O Fiadeiro e que se prolongará ata as 23:00 horas da noite.