sábado, 22 de octubre de 2016

Vigo recibe Sello de turismo familiar

Vigo, única cidade galega que recibe o Selo como destino de turismo familiar

A Asociación Española de Familias Numerosas recoñece a capacidade de Vigo para acoller o turismo das familias e a adaptación ás necesidades familiares dos seus equipamentos e servizos, destacando especialmente a praia de Samil. 

Abel Caballero recibiu o pasado mércores de mans da Asociación Española de Familias Numerosas o Selo de Turismo Familiar que a acredita como "cidade acolledora das familias", sendo a primeira urbe galega que recibe esta distinción. 

A entidade que agrupa ás familias numerosas recoñece con este Selo ás cidades que son receptivas coas necesidades das familias no seu tempo de lecer adaptando a elas os seus equipamentos e servizos turísticos. A distinción decídese a través dunha valoración técnica realizada por unha consultora independente que visita os municipios e valora a súa "capacidade de atracción do turismo familiar" considerando aspectos como a dotación hoteleira, os espazos de praias ou a seguridade cidadá, tal e como explicou o rexedor. 

Caballero destacou que a Asociación Española de Familias Numerosas atopou en Vigo "todos os requisitos" que permiten que unha familia goce do seu tempo de lecer, destacando especialmente a adaptación da praia de Samil, co "mobiliario, os campos de xogo, a praia limpa e a accesibilidade como seguramente non hai en ningunha outra praia e España con piscinas gratuítas con socorristas pendentes dos nenos" que, engadiu, é algo moi atractivo para as familias. Ademais, valoraron as facilidades expostas na páxina web municipal para o turismo familiar. Así, Vigo incorpórase ao grupo de oito cidades españolas con este selo de calidade turística. 

No hay comentarios: