Busca Setas no CSHG de Galicia

XV edición do ‘Busca Setas’no Centro Superior de Hostelería de Galicia

Busca Setas’, unha iniciativa onde os cociñeiros de toda Castela y León ofrecen aos seus comensais un menú degustación feito con cogomelos da rexión, xa sexa como elemento principal ou como acompañante.

Galicia terá tamén o seu protagonismo nesta actividade participando a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia, xunto cos cociñeiros Pepe Solla (Casa Solla), Javier Olleros (Culler de Pau), Xoán Crujeiras (A Estación de Cambre), Javier Rodríguez Ponte “Taky” (Boketé) e Héctor López (Restaurante España).
Pepe Solla (Casa Solla), Javier Olleros (Culler de Pau), Xoán Crujeiras (A Estación de Cambre), Javier Rodríguez Ponte “Taky” (Boketé) e Héctor López (Restaurante España).

No marco da iniciativa, cada un destes cociñeiros elaborará un prato con cogomelos configurando o seguinte menú degustación que se poderá degustar no restaurante á carta do CSHG entre o 8 e o 11 de novembro de 2016.

Menú degustación con: 

TARTAR DE BOLETUS E OSTRAS
Javi Olleros - Culler de Pau

SETAS ESTOFADAS, APIO, NABO E TERRA
Pepe Solla - Restaurante Casa Solla

GUISO DE NÍSCALOS CON FABAS E OVO A 65ºC
Carlos García - CSHG

BACALLAU CON BOLETUS E TRUFA NEGRA
Taky – Boketé

PERDIZ EN DÚAS COCIÓNS, SETAS E CASTAÑAS
Héctor López – Restaurante España

TARTA DE CASTAÑAS CON XEADO DE BOLETUS
Xoán Crujeiras – A Estación de Cambre e Bido