miércoles, 16 de noviembre de 2016

Feira de Outono en Verin

Verín celebra o 19 e 20 de novembro a segunda edición da Feira de Outono, centrada nos productos de tempada e ecolóxicos, e que este ano contará coa novidade de catas de mel para o público asistente, sen límite de grupos. Ademais, setas, concurso de cociña con castañas, saídas micolóxicas e productos ecolóxicos estarán ó dispor de todos os visitantes á praza Maior.

A principal novidade desta edición,  consiste nas catas dos distintos tipos de mel que se desenvolverá no recinto da feira na praza Maior dende as 16:30 do sábado, por grupos e sen límite de asistentes. Nelas, amosaranse as diferenzas entre os distintos tipos de mel, as súas características de elaboración e procedencia, así coma os matices de sabor que os caracterizan.

Tamén o sábado, ás once da mañá, haberá saídas ó campo con micólogos, e educación vial para rapaces ás 12.00. Durante todo o evento haberá actuacións musicais de gaiteiros da Banda de Gaitas de Verín, do grupo Os Trouleiros e da agrupación musical Candaira.

O mercado de productos de outono, aberto os dous días mañá e tarde, contará con 24 postos de elaboracións ecolóxicas, entre os que destacan os embutidos, mel, xabóns, artesanía, castaña, cervexa artesa, conservas ecolóxicas, queixos, bisturería e productos infantís.

O domingo tamén haberá actividades infantís, cun taller de cociña para nenas e nenos pola mañá, e xogos tradicionais pola tarde.

No hay comentarios: