viernes, 25 de noviembre de 2016

Fervenzas do Río Curantes

As Fervenzas do Río Curantes

Na Estrada no río Curantes, afluente do Liñares, forma un fermoso espazo natural onde podemos atopar dúas fervenzas denominadas “Picho da Fervenza” e “Poza de Maimón”.



Estes saltos de auga eran aproveitados para a instalación de muíños, algúns deles restaurados.

Este pequeno val nas ladeiras do monte san Sebastián está declarado de Interese Paisaxístico.

Ruta en Google: