jueves, 24 de noviembre de 2016

Muiño do Pantel en Parderrubias

Na parroquia de Parderrubias, na zona da Revolta, atópase o Muíño e a fonte do Pantel (Lat. 42° 5’7.30″N, Long. 8°35’8.64″O).



O Muíño do Pantel inicia unha área de bosque de ripisilva que bordea ao regato de Fonte Ferreira e se estende ao longo da parroquia de Soutelo.

O muíño alimentado por una característica poza feita con pastas de granito e enlazados por unha canle tamén de pedra toda recuberta de musgo. A fonte está ao lado do muíño.

Na zona destacamos a cor verde, constante todo o ano, xa que é un lugar sombrío e húmido, onde proliferan todo tipo de musgos que recobren os troncos das árbores, as pedras ou o solo. A vexetación predominante coincide cun bosque de ribeira, amieiros, salgueiros, carballo, apesares de poder ver outros como unha figueira que nace pegada ao muíño. Tamén son moi común os fieitos, mais abundantes no curso do regato que cruza este espazo e no que forma a auga que emana da fonte.