lunes, 7 de noviembre de 2016

Roi Casal en concerto na Universidade de Vigo

ROI CASAL + ORQUESTRA + CONVIDADOS na Universidade de Vigo

Disco "Son galego, Son cubano"

Lugar: Teatro Cidade Universitaria de Vigo

Data : 10/11/2016

Hora: 18.30

Porque non todo é estudar


Entrada libre ata completar aforamento

Roi Casal (Catoira, 1980) chega á Universidade de Vigo co seu último disco Son galego, Son cubano, un gran espectáculo musical que conecta Cuba e Galicia a través de sons de ambas partes do mundo. Con letras do escritor galego Neira Vilas, o álbum é resultado dun traballo de dous anos entre o artista galego, ex membro de Milladoiro, e o escritor, e foi gravado na Habana en Marzo de 2016. Participan nel algúns dos mellores músicos cubanos como Pablo Milanés, Laritza Bacallao, Miguel Núñez, Osmani Sánchez, Jorge Jorge Leliebre, César López... e da parte galega, figuras destacadas como Nando Casal (Milladoiro) ou Carlos Calviño.

Roi Casal comezou na música como arpista do grupo Milladoiro (2000-2009) e conta xa con catro discos en solitario: Lendas Douradas, Maxicamente vello e Donoso do noso destino, ademais do último, Son galego, Son Cubano.

No hay comentarios: