sábado, 19 de noviembre de 2016

Salón automóvil Ourense 2016

Apertura do 8º Salón do Automóbil Novo contando coa participación de todos os concesionarios asociados a A.C.A.U.TO., é dicir, 17 empresas que presentan os últimos modelos de 33 marcas.

O 8º Salón do Automóbil, organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.TO. foi inaugurado en Expourense.

Neste 8º salón  tamén se está a colaborar con “Stop Accidentes” que contan cun stand informativo nestas citas e no que entregarán a aqueles interesados un adhesivo que ofrece (segundo a marca e o modelo do coche) unha “Folla de Ruta” que inclúe un plano do vehículo que facilitará o traballo dos bombeiros no caso de que fose preciso realizar unha excarcelación. 

Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra  do vehículo adquirido.

O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo e amplo que poderá consultar nun mesmo espazo  e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu  vehículo. Por primeira vez contarase ademais cun servizo de ludoteca.

O horario do 8º Salón do Automóbil para esta fin de semana será de 10 a 20:30 o sábado e de 11.00 a 20.00 h. o domingo. Hoxe estará aberto ata as 20.30 h. O prezo da entrada son 3 euros (menores de ata 12 anos entrada gratuíta).

No hay comentarios: