Actividades para rapaces e familias en Nadal 2016 en Ferrol

PRAZAS VIVAS  EN ULTRAMAR E NO INFERNIÑO CON OBRADOIROS, INCHABLES E MÚSICA DE BALDE PARA XENTE MIÚDA ATA O FINAL DE ANO

Dende o Concello de Ferrol están centrados na xente miúda da casa cun feixe de actividades de balde nestes vindeiros días concentrados no programa Prazas Vivas, que arranca este venres 9, e na Ludoteca Itinerante, que xa botou a andar, da Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Muller. Aquí van os horarios e actividades para este Nadal en Ferrol 2016.


LUDOTECA ITINERANTE:
Cociñeiros viaxeiros

Funenglish

Pequeciencia

Reciclaxe creativo

Horticultura e medioambiente

Xogos populares

Desde o día 2, na Casa da Xuventude e na Praza de España xa están funcionando as ludotecas itinerantes que encherán Ferrol de actividades lúdicas enfocadas á igualdade durante todo o mes de decembro.

Do 2 ao 22 de decembro de luns a venres, en horario de tarde (16.30 a 19.30)

Do 23 ao 30 de decembro, coas vacacións escolares, o horario é de 9 a 14 h, para facilitar a conciliación laboral e personal de numerosas familias nos día de Nadal.

O polideportivo municipal de Santa Mariña súmase como novo espazo para desenvolver as actividades.

Non é preciso inscrición previa, xa que ésta se fará no momento na ludoteca elixida. As prazas son limitadas ata completar aforo. As actividades impulsadas pola concellería de Igualdade e Muller son completamente de balde.


PRAZAS VIVAS:

¿Onde? Prazas de Ultramar e Inferniño. BAIXO CARPA.

¿Cando? 9, 10, 11 e 16, 17 e 18 de decembro de 16:30 a 19:30.

Tamén os días 23, 24, 26, 27, 28 e 29 de 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30.

Camas elásticas, obradoiros, música, xogos, contacontos, inchables e animación.

De balde ata completar aforo. Os meniños, acompañados por un adulto.