Martín Varela novo espectáculo "Serendipia" en Ferrol

MÁIS ALÓ DO ABRACADABRA

O ilusionista Martín Varela trae a Ferrol o seu novo espectáculo, “SERENDIPIA”

O ilusionista Martín Varela (Ferrol, 1996) presenta o seu novo espectáculo, “Serendipia”, na súa cidade natal o vindeiro 2 de xaneiro ás 20.00 h no teatro Jofre de Ferrol.


En “Serendipia”, Varela fai unha viaxe ao pasado do ilusionismo empregando a súa propia experiencia no mundo da maxia. Sorpresa e comicidade co público para presentar un novo espectáculo que impresionará a todos e no que fai unha homenaxe a dous grandes mestres da maxia que marcaron o seu camiño: o estadounidense John Calvert e os galegos Lorc & Julit. Ademais, malia ter só 20 anos, escribe, dirixe e idea todos os seus espectáculos.

Dende cativo, este mozo mago tivo claro que a maxia formaría parte da súa vida. Aos dez anos fixo a súa primeira actuación e comezou actuando en bares e en pequenos locais.

A única formación que recibíu foi durante unha semana na escola da filla do mago Juan Tamariz, un dos seus principais referentes. Varela é autodidacta e aprendeu maxia vendo vídeos por Internet e lendo libros. A súa especialidade é a “manipulación”, unha das ramas máis difíciles da maxia.

Durante a tempada 2011-2012 participou activamente no programa da Televisión de Galicia “Luar”, e tamén fixo diversas colaboracións.

Fai tres anos presentou o seu último espectáculo, “Manifesto”, onde as levitacións, as teletransportacións e as desaparicións de personas foron os ingredientes principais.

Actualmente compaxina a maxia e o espectáculo cos seus estudos de Historia da Arte en Santiago de Compostela.

Na súa canle de Youtube e na sua páxina de Facebook podédevos sorprender vendo algún dos seus trucos: