Programación Teatro Principal Ourense primer semestre 2017

O Teatro Principal de Ourense presentou  a súa nova temporada de programación, que inclúe de xaneiro a xuño de 2017 unha vintena de citas coa escena e a música da man tanto de formacións galegas como de grandes nomes da dirección e da interpretación española, así como das compañías da XXII Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu).

O director da Axencia Galega das Industrais Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jacobo Sutil, participou esta mañá na rolda de prensa na que se avanzou a nova carteleira semestral xunto a Olga Mojón, directora do espazo ourensán, e a Aurelio Gómez, asesor de Cultura da Deputación Provincial de Ourense.

Como membro da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), o circuíto para a distribución de espectáculos galegos promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Agadic, o Teatro Principal programa as últimas propostas das compañías galegas Chévere (‘Eroski Paraíso’, 13 e 14 de xaneiro), Voadora (‘Soño dunha noite de verán’, 12 de febreiro) e Eme 2 (‘A noiva de Don Quixote’, 9 de xuño), ademais da madrileña Producciones Teatrales Contemporáneas con ‘Tierra de fuego’ (22 de xaneiro), montaxe protagonizada por Alicia Borrachero, e a canaria Una Hora Menos Producciones con ‘Los malditos’ (19 de febreiro). En canto á musica, inclúese a través desta vía un concerto do gaiteiro Óscar Ibáñez& Tribo (11 de febreiro).  

Valle-Inclán polo CDG

Así o detallou na súa intervención Jacobo Sutil, quen engadiu que a colaboración a través da RGTA non será a única achega da Agadic a esta nova temporada: “O Teatro Principal mantén o seu obxectivo de difusión para o público ourensán dos traballos do Centro Dramático Galego, polo que a compañía institucional visitará esta cidade o 19 de maio, en función escolar, e o 20 de maio, para público xeral, cunha produción moi especial: será a montaxe, por fin en galego, das pezas de Ramón María del Valle Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’, que conformarán o espectáculo dobre ‘Martes de Carnaval’, baixo a dirección de Tito Asorey e Marta Pazos e cun elenco de dez actores e actrices”, explicou.

O director da Agadic destacou igualmente a multidisciplinariedade desta carteleira, “comprometida tanto coa proxección da produción galega e local como atenta aos éxitos nacionais e ás obras revelación dos festivais de maior prestixio”, ao tempo que engadiu que xunto coa súa destacada oferta teatral, o escenario da Deputación ourensá non desbota consolidar o seu papel como espazo de encontro para os seguidores da música de todos os estilos.

Grandes nomes da interpretación

Durante a primeira metade do ano, visitarán Ourense grandes nomes da interpretación a nivel estatal. É o caso de Pedro Casablanc co espectáculo ‘Yo, Feuerbach’; Maribel Verdú con ‘Invencible’, dirixido por Daniel Veronese; Josep María Flotats con ‘Serlo o no’; Aitana Sánchez Gijón coa lectura dramatizada de ‘Medea’ baixo a dirección de Andrés Lima; Blanca Portillo con ‘El cartógrafo’, escrito e dirixido por Juan Mayorga; e Héctor Alterio con ‘El Padre’, dirixido por José Carlos Plaza.

Pola súa banda, a programación musical brindaralle ao público distintos concertos como o de Aninovo da State Philharmonic Orchestra ou os incluídos no ciclo 'Enclave de cámara' e no festival ‘Pórtico do Paraíso’, entre outros, ademais da ópera ‘Turandot’ polo Teatro Nacional da Ópera de Moldavia.

Reservas e máis información na web do Teatro Principal de Ourense

CONCERTO DE NADAL “STATE PHILHARMONIC ORCHESTRA DE LA ÓPERA DE KISHINAU”  (Música) 
Fecha: 23-12-2016
“MOBY DICK” (MOTI)  (Teatro) 
Fecha: 26-12-2016
JIM E A ILLA DO TESOURO (MOTI) (Teatro) 
Fecha: 27-12-2016
XOGA (MOTI)  (Teatro) 
Fecha: 28-12-2016
PAVILLON LINO (MOTI)  (Teatro) 
Fecha: 29-12-2016
O MEU AVÓ É MAGO  (Maxia) 
Fecha: 30-12-2016
CONCERTO DE ANINOVO “ STATE PHILHARMONIC ORCHESTRA Y LOS TRES TENORES”  (Música) 
Fecha: 03-01-2017
CICLO EN CLAVE DE CÁMARA: THE BRAHMS PROJECT  (Música) 
Fecha: 12-01-2017
EROSKI PARAÍSO  (Teatro) 
Fecha: 13-01-2017
"TIERRA DEL FUEGO"  (Teatro) 
Fecha: 22-01-2017
"CASS McCOMBS BAND"  (Música) 
Fecha: 31-01-2017
CICLO ENCLAVE DE CÁMARA "CUARTETO ATTACCA"  (Música) 
Fecha: 01-02-2017
“YO, FEUERBACH”  (Teatro) 
Fecha: 05-02-2017
CONCERTO DE “OSCAR IBÁÑEZ &TRIBO”  (Música) 
Fecha: 11-02-2017
SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN (Teatro) 
Fecha: 12-02-2017
“LOS MALDITOS”  (Teatro) 
Fecha: 19-02-2017
X FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA DE OURENSE PÓRTICO DO PARAÍSO  (Música) 
Fecha: 05-03-2017
“ LA TURANDOT”  (Teatro) 
Fecha: 11-03-2017
"INVENCIBLE"  (Teatro) 
Fecha: 19-03-2017
CONCERTO "TRIO HUILLET"  (Música) 
Fecha: 25-03-2017
“SERLO O NO – PARA ACABAR CON LA CUESTIÓN JUDIA”  (Teatro) 
Fecha: 01-04-2017
CICLO EN CLAVE DE CÁMARA: JUAN PÉREZ FLORISTAN  (Música) 
Fecha: 05-04-2017
CICLO EN CLAVE DE CÁMARA "ZOAR" (Música) 
Fecha: 03-05-2017
“MEDEA, LECTURA DRAMATIZADA BASADA EN LA OBRA DE SÉNECA” (Teatro) 
Fecha: 12-05-2017
“AS GALAS DO DEFUNTO”/ “A FILLA DO CAPITAN”  (Teatro) 
Fecha: 20-05-2017
“EL CARTÓGRAFO”  (Teatro) 
Fecha: 25-05-2017
CICLO EN CLAVE DE CÁMARA" DÚO GARCÍA JERMANN - MORETTI" (Música) 
Fecha: 01-06-2017
LA NOVIA DE DON QUIJOTE  (Teatro) 
Fecha: 09-06-2017