Calendario de Pontevedra 2017 con fotos de Raquel Calviño

Calendario 2017 de Pontevedra con fotografías de Raquel Calviño

Vinteseis fotografías da instagramer pontevedresa Raquel Calviño protagonizan este ano o Calendario municipal de 2017 de Pontevedra, que se distribúe gratuitamente entre a poboación. 



As persoas que desexen un exemplar poden recollelo na sede municipal de Michelena 30. Se ben non se limita o número de exemplares por persoa, recoméndase unha recollida responsable, para que poda chegar a un maior número de fogares.

Este ano, a diferencia de outros, as fotografías son unicamente dunha autora, Raquel Calviño, que invade co seu obxectivo do cotián todos os meses do ano, recollendo escenas urbanas alonxadas do tradicional concepto de “postal”. Logra así transmitir a idea do que significa a Pontevedra de hoxe: unha cidade viva e chea de xente nas rúas.